Domingo Sanguento (1920): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 53:
[[Ficheiro:Croke park hogan stand.jpg|thumb|right|Vista da bancada de 'Hogan Stand' do estadio de [[Corke Park]], nomeada así en honor ao xogador morto nos incidentes do Domingo Sanguento]]O comportamento dos Auxiliares e os [[Black and Tans]] durante a [[Guerra de Independencia Irlandesa]] axudou a volver ao público irlandés en contra da Coroa. Algúns políticos británicos e o Rei non ocultaban o seu horror sobre o comportamento das forzas de Coroa. Os asasinatos de homes, mulleres e nenos, tanto espectadores coma futbolistas, convertéronse en titulares de prensa por todo o mundo, prexudicando a credibilidade británica. Non obstante, a curto prazo, os asasinatos do IRA de oficiais británicos na mañá do día 21 recibiu máis atención en Gran Bretaña. Os corpos dos oficiais británicos asasinados en Dublín foron traídos en procesión polas rúas de Londres e se lles deu un funeral de estado na [[Abadía de Westminster]].<ref>Hopkinson, ''Irish War of Independence'', p. 88.</ref> Cando [[Joseph Devlin]], un membro do parlamento pertencente ao [[Partido Parlamentario Irlandés]], tentaba sacar a relucir o tema da matanza de Croke Park no parlamento británico, foi apupado e estalou unha pelexa no hemiciclo.<ref>Dwyer p. 191</ref>
 
A combinación da perda da ''Cuadrilla do Cairo'', que desmantelou a Intelixencia británica en Irlanda, e as desastrosas relacións públicas que supuxo o Domingo Sanguento prexudicaron a causa da presenza británica en Irlanda e aumentaron o apoio ao goberno republicano de [[Éamon de Valera]]. Os acontecementos do Domingo Sanguento sobreviviron na memoria pública. A [[Asociación Atlética Gaélica]] nomeou unha das bancadas do estadio de Croke Park coma a 'Hogan Stand' en memoria de Michael Hogan, o futbolista asasinado no incidente.
 
James "Skankers" Ryan, o que delatou a Clancy e McKee, foi tiroteado e morto a mans do IRA en febreiro de 1921.