Comuna de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 11:
Os eventos nesta etapa son confusos, pero o que é certo é que antes de que os prusianos entrasen en [[París]], a Garda Nacional, axudada por civís, arranxouse para afastar do camiño dos prusianos os canóns (que consideraban da súa propiedade) e almacenalos en «distritos seguros». Un dos principais «parques de canóns» estaba nas alturas de [[Montmartre]].
==O alzamento e natureza da Comuna==
[[Ficheiro:Disderi 3.jpg|thumb|Barricadas diante de ''La Madelaine''.]]Os prusianos entraron en [[París]] brevemente e abandonárona de novo sen ningún incidente. Pero [[París]] continuou cercada mentres o problema das indemnizacións das guerras seguía afectando.
 
Ao mesmo tempo que o Comité Central da Garda Nacional estaba adoptando unha posición cada vez máis radical e gañando firmemente autoridade, o goberno non podía permitirlle indefinidamente ter 400 canóns á súa disposición. E así, como primeiro paso, o 18 de marzo Thiers ordenou ás súas tropas coller os canóns almacenados nas cimas do [[Montmartre]]. No canto de seguir as instrucións, os soldados, que non tiñan a moral moi alta, fraternizaron coa Garda Nacional e os residentes locais. Cando o seu xeneral, Claude Martin Lecomte, lles ordenou disparar a un xentío desarmadao, apeárono do seu cabalo. Máis tarde foi fusilado, xunto co xeneral Thomas, un odiado comandante anterior da Garda que foi recollido por un xentío en «Outer Boulevards».
Liña 30:
No III ''arrondissement'', por exemplo, proporcionouse material escolar gratuitamente, tres escolas transformáronse en entidades laicas e estabeleceuse un orfanato. No XX arrondissement, proporcionouse ós escolares roupa e comida gratuíta. Existiron moitos casos máis deste tipo. Pero un ingrediente vital no relativo éxito da Comuna na súa etapa foi a iniciativa mostrada por traballadores sinxelos no dominio público, que llas arranxaron para tomaren as responsabilidades dos administradores e especialistas removidos por Thiers.
[[Friedrich Engels]], o máis próximo colaborador de Marx, mantería despois que a ausencia dun exército fixo, as políticas autónomas dos "quartiers" e outras características tiveron como consecuencia que a Comuna non fose como un estado no sentido represivo do termo: era unha forma de transición en dirección da abolición do estado como tal. O seu posíbel desenvolvemento futuro, con todo, seguiría sendo unha pregunta teórica: logo de só unha semana foi atacada por elementos do novo exército (que incluía antigos prisioneiros de guerra liberados polos prusianos) creado rapidamente en [[Versalles]].
 
==O Asalto==
Pero a comuna non foi quen de estenderse ao resto das cidades francesas, aproveitando este illamento o goberno enviou un exército de 100.000 homes para tomar a capital. A Comuna foi asaltada dende o [[2 de abril]] polo exército que tiña a súa base de operacións en [[Versalles]] e a cidade foi bombardeada constantemente. A vantaxe do goberno era tal que dende mediados de abril negaron a posibilidade de negociacións.