Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
Segundo o ''Arte de Trobar'', as cantigas de amor caracterizábanse por seren "movidas a razón del" (é dicir, desde unha perspectiva masculina), en contraposición ás "[[cantigas de amigo]]" que eran movidas "a razón dela". Dito de outro xeito, as '''cantigas de amor''' son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama, a ''senhor'', tamén a [[Deus]] ou ao mesmo [[amor]]; ou reflexiona sobre el ou sobre a amada. O tema é, igual que nas cantigas de amigo, o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home.
 
Segundo unha parte da crítica, as cantigas de amor galego-portuguesas xorden por imitación da poesía [[trobadortrobadorismo|trobadoresca]] provenzal dos séculos XII e XIV, mais contan con adaptacións ao contexto galego-portugués e máis á época en que foron escritas (xa que a "cançó" provenzal é máis antiga que a nosa cantiga de amor), polo que non se trata dunha "mala copia" da lírica occitana (como se tendeu a afirmar durante anos). Porén, desde a óptica actual -Yara Frateschi Vieira, Giuseppe Tavani, Xosé Ramón Pena...- enténdese que a cantiga de amor resulta ser unha forma tan xenuinamente galego-portuguesa como a cantiga de amigo; en realidade, non se trata dunha simple adaptación do lirismo occitánico entre nós, e si, polo contrario, do resultado do encontro entre unha creación autóctona e os xeitos que chegaron desde alén dos Pirineos. O corpus galego-portugués conta con 725 textos desta clase.
==O amor cortés==
===Orixes===