Hockey Club Liceo da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
As súas orixes debemos buscalas no ano [[1972]], data na que se funda o Clube Deportivo Liceo La Paz (cuxa matriz encontramos no colexio coruñés Liceo La Paz), por iniciativa dun grupo de catro persoas (entre as que sobrancea a figura de [[Augusto César Lendoiro]]). A honra de ser o seu primeiro presidente recaeu en Felipe Marcos Nieto. Na súa primeira temporada, a [[1972]]/[[1973]], consegue o Liceo facerse co campionato galego de Segunda División, o cal lle permite acceder á máxima categoría galega. Na seguinte campaña ([[1973]]/[[1974]]), conseguirían (lucindo xa as cores verde e branca actuais no seu iniforme) un novo ascenso, desta vez á división de prata española. Nela militará ata a temporada [[1978]]/[[1979]], na cal conseguirá o ascenso á División de Honra (hoxe chamada [[O.K. Liga]]).
 
Na temporada [[1980]]/[[1981]] comezará a lenda liceísta, pois durante o transcurso da mesma o equipo coruñés conquistará unha [[Copa do Rei de hoqueihóckey a patins|Copa do Rei]] e unha [[Copa CERS]], ao cal foi unido o subcampionato na División de Honra. Precisamente conseguirá o título de Liga o Liceo no curso seguinte, o cal supuxo todo un fito, posto que se trataba do primeiro equipo non catalán que conseguía tal logro. A vitrina da escuadra coruñesa non fai máis que almacenar títulos, non só a nivel peninsular, senón tamén europeo. Na temporada [[1986]]/[[1987]] chegará á Coruña a primeira [[Copa de Europa de hoqueihóckey sobre patíns]], acompañada na campaña pola [[Supercopa de Europa de hoqueihóckey sobre patíns|Supercopa de Europa]] e pola [[Copa Intercontinental de hoqueihóckey a patins|Copa Intercontinental]]. Converteríase a escuadra herculina nunha das dominadoras (xunto con clubes como o [[Fútbol Club Barcelona (hóckey sobre patíns)|FC Barcelona]], o [[Igualada HC]] ou o [[Futebol Clube Porto (hóckey sobre patíns)|Porto]]) do hoquei europeo.
 
Porén, a partir da temporada [[1998]]/[[1999]] o equipo comezou un certo decaemento e entra nunha sequía de títulos, a cal romperá ''ao grande'' na temporada [[2002]]/[[2003]], na que conseguíu a [[Copa de Europa de hoqueihóckey sobre patíns|Copa de Europa]] na Coruña ante a súa afección. Ó ano seguinte conseguiu a Supercopa de Europa, a Copa do Rei e a Copa Intercontinental. Aínda así, isto resultou un espellismo, posto que o Liceo pasou en branco as campañas 2004/2005, 2005/2006, 2006/2007, 2007/2008 e 2008/2009.
 
== Novas normas da tempada 2009/10 ==
Liña 14:
== Tempada 2007/2008 ==
 
* Na tempada 07/08 o Liceo Hockei Club acada en liga regular un 3 posto por detrás do lider, o [[FC Barcelona (hockeyhóckey sobre patinespatíns)|FC Barcelona]], e do segundo clasificado, o [[Reus Deportiu]].
* Nos cuartos de final da Copa do Rei, celebrada en terras catalás, elimina ó [[FC Barcelona (hockeyhóckey sobre patinespatíns)|FC Barcelona]] gañando por 2-3, pero perde en semifinais contra o [[CE Noia|Noia Freixenet]] por 3-1, os tres goles do Noia tras xogadas polémicas, un partido do que non gardan boas lembranzas os afeccionados liceistas.
* En Copa de Europa acada a clasificación para a última Final-Four (final a catro), que se ía disputar nesta competición, debido ó cambio de modelo da competición, nas semifinais cae fronte ó [[Reus Deportiu]] cun gol de ouro na prorroga, despois de ir por diante todo o partido ata que quedaban 40 segundos para o final cando o Reus empatou o partido e forzou dita prorroga.
* Nos Play-off do título da Ok Liga cae en semifinais fronte ó [[Reus Deportiu]].
Liña 23:
 
* Antes de comezar a tempada, o Coinasa Liceo disputa o Mundial de clubs de hockei a patíns onde cae nos cuartos de final fronte ó Valdagno italiano por 3-5 debido en parte ó cansazo acumulado nunha pretempada intensa.
* Na tempada 08/09 o Coinasa Liceo acadou un meritorio 3 posto na liga regular por detrás do lider, o [[FC Barcelona (hockey sobre patines)|FC Barcelona]], e do segundo clasificado, o [[CP Vic|Roncato Patì Vic]].
* Ao que hai que sumarlle que participou na [[Copa do Rei de hockeihóckey a patínspatins|Copa do Rei]], como local en Riazor, onde non puido pasar das semifinais onde o Vic cando restaban 18 segundos para o final do partido calou a un Riazor cheo y desfixo os soños e ilusións que todos os liceistas puxeron na competción copeira.
* Na Copa de Europa clasificase para a primeira Final-Eight (final a oito) onde elimina primeiramente ó Noia Freixenet, posteriormente cae eliminado nas semifinais fronte ó [[CP Vic|Roncato Patì Vic]], partido no que, como na Copa do Rei, o Liceo non tivo a sorte necesaria para meterse na gran final europea contra o [[Reus Deportiu]].
* Nos Play-off pola consecución do titulo da Ok Liga acadou o subcampionato frente ó [[FC Barcelona (hockeyhóckey sobre patinespatíns)|FC Barcelona]].
* Campión da I Copa Galiza de hockei a patíns, vencendo na final ó daquela "Cerceda Liceo" (hoxe "Clube Patín Cerceda") por 5 goles a 4.
 
Liña 67:
 
==Palmarés estatal==
*6 títulos de [[O.K. Liga|Liga]]
*9 [[Copa do Rei de hóckey a patins|Copas do Rei]]
 
==Palmarés continental==
*4 [[Copa de Europa de Hóckey sobre patíns|Copas de Europa]]
*2 [[Recopa de Europa de hóckey sobre patíns|Recopas de Europa]]
*2 [[Copa CERS|Copas CERS]]
*5 [[Supercopa de Europa de hóckey sobre patíns|Supercopas de Europa]] (antigamente chamadas "Copas Continentais")
 
==Palmarés internacional==
*4 [[Copa Intercontinental de hóckey a patins|Copas Intercontinentais]] (actualmente denominado "Mundialiño de clubes")
 
==Palmarés nacional non oficial==
*2 [[Copa Galiza (hóckey a patins)|Copas Galiza]]
 
==Véxase tamén==