Speed metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:速度金属
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''Speed metal''' é un estilo musical, subxénero do [[Heavy Metal]], caracterizado pola elevada velocidade rítmica (do inglés, ''speed'', rápido). A velocidade típica supera as 190 ''pulsacións'' por minuto (p.p.m.), en [[Compás (música)|compases]] 4x4 con [[Patrón (música)|patróns]] típicos de [[Semicorchea|semicorcheas]].
 
==Orixe==
A súa orixe remóntase ós anos oitenta, logo do auxe do [[New Wave of Brithish Heavy Metal|Metal Británico]], cando este extende a súa popularidade a [[Europa]]. Momento cumio no auxe deste estilo constitúeo a publicación do L.P. ''[[The Walls of Jerico]]'' de '''[[Helloween]]''' en [[1985]].
 
==Características==
A estrutura da maioría dos temas de ''Speed Metal'' é bastante simple: dúas estrofas (normalmente de catro a seis versos), unha estrofa que sirve de ''ponte'' rítmica entre as estrofas e o estribillo (normalmente de dous ou tres versos), un estribillo (que acostuma constar de catro versos e que normalmente se repite dúas ou catro veces) con patróns rítmicos de [[Blanca (música)|brancas]] ou [[Redonda (música)|redondas]]; logo unha estrofa, unha estrofa ''ponte'' (que pode ser repetición da estrofa ''ponte'' anterior) e o estribillo; de seguido, un solo de guitarra, e finalízase coa estrofa ''ponte'' e o estribillo, o cal se repite varias veces ata o remate. É común tamén que entre o primeiro estribillo e a estrofa seguinte se intercale un fragmento de solo.
 
NembargantesNon obstante, os grupos de ''Speed Metal'' raramente se dedican a este estilo en exclusiva, senón que adoitan combiñalos con outros estilos e elementos moi diversos para producir os seus temas. Exemplos notables constitúenos entre outros [[Blind Guardian]] ou [[Gamma Ray]]. Isto provocou unha especie de evolución dentro do subxénero, que comezou a denominarse ''[[Power Metal]]''. Actualmente, son poucos os grupos considerados como ''grupos de Speed Metal'', aínda que en ocasións os integrantes dun grupo se definan así a si mesmos.
 
A fronteira entre [[Metal Melódico]], Speed Metal, [[Power Metal]], [[Metal Épico]], e [[Metal Neoclásico]] é moi difusa. A vertixe rítmica do ''Speed Metal'' conséguese co uso masivo de figuras de [[Semicorchea|semicorcheas]] executadas con técnica de [[Apagado]] nas guitarras (é habitual emprego da técnica denominada ''[[Encabalgamento]]'') e executando dobre bombo nas baterías, de maneira que o ritmo de [[Platillo|platillos]] se fai cun brazo e só queda outro para as [[Caixa (música)|caixas]] ou [[Timbal|timbais]]. Os solos de guitarra son rapidísimos, combinando patrós de semicorcheas con fusas e incluso semifusas mediante todo tipo de técnicas, e acostuman a supor aproximadamente a cuarta parte da duración total do tema en execución, para unha duración típica ó redor dos catro minutos e medio. Ocasionalmente, a guitarra rítmica acompaña á guitarra solista, pero con máis frecuencia executa tamén certos fragmentos do solo, e incluso executa o propio solo noutra tonalidade, armonizando o solo da guitarra solista.