Diferenzas entre revisións de «Wilhelm Meyer-Lübke»

m (bot Engadido: fr:Wilhelm Meyer-Lübke)
 
== Criticismo sobre a actuación do substrato ==
Mantén un grande escepticismo cara a actuación do [[Substrato (lingüística)|substrato]] nas explicacións dos cambios fonéticos. Observou que non se sabía abondo das linguas prerromanas: ([[Lingua osca|osco]] e [[umbro]] na Italia central e meridional; [[Galia|galo]], na Italia setentrional e na mesma [[Galia]]; [[ibero]], en Hispania); non se sabía nada con certeza da língua dos [[Sardeña|sardos]] e moi pouco da lingua prerromana da [[Dacia]] ou do [[Véneto]]. Unha das influencias de substrato [[celta|céltico]] admitida naquela altura, era a mutación de [u] en [ü]. Esta mudanza obsérvase en francés, occitano, piemontés, lígur, lombardo, en parte dos dialectos da [[Emilia]], en [[romanche]] e [[retorománicoretorrománico]] [[engadinés]], ademais de en [[galés]], [[holandés]], os dialectos alemáns de [[Alsacia]], de parte de Brisgobia e do [[Vallese]]. Todas estas zonas foran habitadas polos celtas, mais a coincidencia entre a [[isoglosa]] e a área celta é menos precisa do que semella. Mais aínda admitindo a identidade da isoglosa moderna con área antigamente ocupada polos celtas, habería que demostrar que a isoglosa é antiga e que a coincidencia remonta efectivamente á época na que os celtas aprenderan latín. Ademais demostrouse que o fenómeno en occitano é posterior á época medieval, e parece fenómeno tardío tamén noutras zonas periféricas da [[Galorromania]], desde [[Savoia]] até [[Normandía]].
A área actual da mudanza u>ü é resultado dunha expansión efectuada a partir dun núcleo orixinario pequeno, e mesmo se estendeu até o [[lingua vasca|vasco]] de [[Iparralde]].
 
Usuario anónimo