Émile Durkheim: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1352609 de 201.58.23.146 (conversa)
Liña 4:
== Biografía ==
 
NasceuNaceu en [[Épinal]], [[Francia]], na rexión de [[Lorena]]. A pesar de ser fillo dunha familia profundamente relixiosa (o seu pai era [[rabino]]), Durkheim tivo unha vida completamente secular. Desde mozo sentiuse atraido polo [[método científico]], que se opuña á súa educación baseada na [[relixión]]. Moitos dos seus traballos, de feito, dedícanse a demostrar que os fenómenos relixiosos proveñen de factores sociais máis que divinos. Os seus antecedentes xudeus, sen embargo, moldearon a súa socioloxía, e moitos dos seus estudantes e colaboradores foron compañeiros xudeus ou parentes de sangue.
Durkheim entrou na [[École Normale Supérieure]] (Escola Normal Superior), en [[1879]]. A súa xeración foi unha das máis brillantes do [[século XIX]] e moitos dos seus compañeiros de clase, tales como [[Jean Jaurès]] e [[Henri Bergson]] convertéronse en importantes figuras da vida intelectual francesa. Na ENS (Escola Normal Superior), Durkheim estudou con [[Fustel de Coulanges]] cando se graduou en [[filosofía]] en [[1882]].