Ruído. Relatos de guerra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O autor, Miguel Anxo Murado, afirma que, no comezo de cada relato hai unha brevísima historia real, algo que el presenciara, para non perder do todo ese contacto coa realidade que e..."
 
{{formatoWiki}}
Liña 1:
{{formatoWiki}}
 
O autor, Miguel Anxo Murado, afirma que, no comezo de cada relato hai unha brevísima historia real, algo que el presenciara, para non perder do todo ese contacto coa realidade que el tivo durante os anos da guerra da ex-Yugoslavia, por iso podemos considerar estes relatos como parte da súa vida ou mellor dito, como características, que, en certo xeito, redactaron a súa biografía, e destacaron partes difíciles da mesma, como foi o ser parte de, polo menos, unha guerra. Deste xeito, escribiu o libro “Ruído”. Un libro onde, tal como se dixo, ten partes nas que actúa a realidade que o autor viviu e tamén parte ficticia como un dos traballos que cada autor debe incluír nos seus escritos.
Logo de ler os relatos que conforman o libro recentemente nomeado, podemos ter en claro, que o autor fai constantemente referencia á morte, o medo, o sufrimento polo ser querido, polo amigo ou simplemente polo fiel compañeiro de batalla. É por isto, que, considérase que o autor sinte medo á morte, e que é esta característica a que leva ó autor a matar sempre ós compañeiros de aventuras o á xente dos arredores do personaxe principal; así tamén, ás veces non se sentiu conforme con estas mortes, que tamén incluíu animais. Outra característica que teñen en común estes relatos é o final que posúen, e tamén a forma tan dramática ou sanguenta na que conflúen os feitos que levan a cada protagonista secundario á súa morte.
 
O relato “Os inmortais”, non ten ningún momento no que dramatice a morte de ningunha persoa, tal como o fixo cos anteriores relatos, senón tamén, porque no final do relato e tamén do libro, o autor demostra un enfrontamento coa morte tan horrorosa que fan as guerras, os secuestros, os homicidios, etc. O autor intenta transmitir ese enfrontamento cando, neste último relato, o personaxe, canso das guerras e das loitas, marcha cara á cama para durmir e ten un soño. Un sono no que imaxina que sangra moitísimo e que en calquera momento vaille chegar a morte; mais, é no mesmo soño, no que, ó final dun longo camiño, atopa a súa familia, e, aínda sen entender porque está perdendo tanto sangue e aínda segue con vida. Deste xeito, o protagonista, logo esperta lembrando o soño, e séntese reconfortado por haber pasado por tantas loitas e aínda seguir coa súa vida, tendo sempre presente que máis aló de que un non sabe se haberá un mañá, debe seguir co que ten e co que a vida lle da. Se considera así, que foi esa, a impresión que deixou o autor que, logo de ler, relacionar e comprender o texto, xa que, á vez iso ten moito que ver coa última frase que escribiu no libro, a cal di: “Como cando un é neno e perde un dente e pola mañá encontra unha moeda e pensa que todo é posible e que ningún mal nos alcanzará nunca”; considerándose a si mesmo, ese rapaz que sabe como é o futuro ten a esperanza de poder continuar crendo que o mal non o vai alcanzar nunca.