Campos de fresas: Diferenzas entre revisións

libro de Jordi Sierra i Fabra
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{FormatoWiki}} {{Libro | nome = Campos de fresas | título orixinal = ''Camps de maduixes'' | tradutor = | imaxe = | descrición da imaxe..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de novembro de 2009 ás 09:42

Campos de fresas é un libro escrito por Jordi Sierra i Fabra no ano 1997.

Campos de fresas
Título orixinalCamps de maduixes
Autor/aJordi Sierra i Fabra
CubertaJavier Calbet
OrixeEspaña (Barcelona)
LinguaEspañol y Catalán
Tema(s)A xuventude e as drogas
Xénero(s)Literatura infantil e xuvenil
EditorialEdicións SM (España)
Data de pub.1997
Páxinas144
ISBN9788434852860
editar datos en Wikidata ]

Sinopsis

O libro trata sobre un grupo de mozos que saen de noite e un deles compra pastillas de deseño a un camelo. Todo comeza aquela noite. O Señor Salas colle o teléfono e comunícanlle que a súa filla está ingresada no hospital. Cando veu os amigos de Luciana, preguntoulles o que acontecera e os mozos dixéronlle que só tomara unha pastilla. Luciana quedou en coma.

Cando o seu mozo, Eloi, se enterou, foi para o hospital. El púxose moi nervioso e votoulle todas as culpas a Máximo. Ao mesmo tempo, un inspector de policía, Vicente Espina, falou cos seus pais e cos mozos para saber que tomara e que acontecera. Eloi comezou a investigar e foi ver a Raúl, aquel quen coñecía o camelo. Foi a súa casa, pero só estaba súa irmá, quen lle dixo que Raúl ía pasar o fin de semana sen ir a casa. Eloi tamén pasou a visitar a Ana e Paco, e dixéronlle onde estaba Raúl.

Cintia chamou a Loreto,unha das mellores amigas de Luciana, que tiña bulimia. Cando Loreto se enterou, púxose moi triste,pero non podía ir o hospital no estado no que estaba. Eloi foi a unha nave abandonada onde había unha discoteca privada e alí encontrou a Raúl e este, díxolle en onde soia estar o camelo. Eloi, chamou a Santi, que estaba con Cinta e Máximo, e el díxolles que xa sabía onde atopar unha pastilla para axudar a Luciana, pero sen eles non podía facer nada. Por iso quedaron nun lugar próximo a onde estaba o camelo.

Mentres tanto, Norma estaba sola e un xornalista foi xunto dela e fíxose pasar por un membro da compañía de desintoxicación. El fíxolle preguntas e Norma respondeu a todas. Despois o periodista fíxolle fotos a Luciana,en segredo, sen permiso de ninguén para publicalas no diario. Eloi uniuse cos seus compañeiros para ir a discoteca en onde debería de estar o camelo.Entraron pero non o viron. Saíron e separáronse: Cintia e Santi quedaron na porta Máximo foi arriba e Eloi os lavados.Cando entrou,veu un corredor con varias portas: unha era a dos homes,outra a das mulleres e algunha máis. Entrou na dos homes pero non había ninguén. Despois mirou no das mulleres.

Discretamente veu que en unha das portas se oía a un home falar sobre cousas de pastillas. Eloi esperou onda a porta e poucos segundos despois saíu un home do lavado. Eloi seguiuno pero o camelo douse conta e comezou a correr. Ao final o camelo saíu a carreteira e os catro mozos seguírono. Pero dou a casualidade de que o inspector e o seu axudante estaban alí,esperando a que saíse e correron todos tras el. O camelo caeu e morreu,e as pastillas caeron nun sumidoiro. Eloi desanimouse moito xa que o seguían para poder comprarlle unha pastilla para axudar a Luciana. Cando chegou Cintia que ía tras eles,ensinoulles unha pastilla que collera do chan mentres corrían. Poucos momentos despois Luciana despertou do coma,despois de haber gañado a súa imaxinada partida de axedrez.

Orixe do libro

Este libro está inspirado en dúas historias de dúas mozas de 18 anos, Leah Betts,que morreu os cinco dias de estar en coma e Helen Cousins,que despertou aos dous meses de estar en coma. A primeira frase que dixo foi: " Non bailedes coa morte ".