Diferenzas entre revisións de «Provincias Unidas»

m
bot Engadido: eo:Respubliko de la Sep Unuiĝintaj Provincoj; cambios estética
m (bot Engadido: eo:Respubliko de la Sep Unuiĝintaj Provincoj; cambios estética)
|escudo = Escudo dos Países Baixos
|símbolo =
|lema_nacional = Concordia res parvae crescunt<br /><small>''A unión fai a forza''</small>
|himno_nacional =
|imaxe_mapa = Seven United Netherlands Janssonius 1658.jpg
'''Provincias Unidas''' ou '''República dos Sete Países Baixos Unidos''' foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente '''Holanda''', formado polas sete provincias do Norte dos [[Países Baixos]] ([[Frisia]], [[Groninga]], [[Güeldres]], [[Holanda (rexión)|Holanda]], [[Overijssel]], [[Utrecht]] e [[Celandia]]), agrupados dende a [[Guerra de Flandres|Unión de Utrecht]] ([[1579]]), ata a ocupación francesa de [[1795]].
 
== Historia ==
A orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos [[casa de Habsburgo]]. O enfrontamento entre [[católico]]s e [[Xoán Calvino|calvinistas]] produciu o estabelecemento da [[Unión de Arras]] e da [[Unión de Utrecht]] ([[1579]]), que deu orixe ás Provincias Unidas. En [[1581]], os representantes da Unión depuxeron a [[Filipe II de España]] e nomearon a [[Guillerme de Orange]] (asasinado en [[1584]]). [[Johan van Oldenbarnevelt]] foi unha peza crave na creación da República en [[1588]].
 
A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de [[Inglaterra]], que xunto a [[Francia]] recoñecerían á República en [[1596]]. En virtude da [[Tregua dos Doce Anos], entre [[1609]] e [[1621]], con [[Filipe II de España|Filipe II]], a Coroa de [[España]] recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.
 
=== A Idade de Ouro ===
A alianza con Francia durante a [[guerra dos Trinta Anos]] logrou para as provincias o status de Estado independente no [[Tratado de Westfalia]] ([[1648]]).
 
Nesta época o seu poder medrou ata converterse nunha das potencias mariñas e económicas do [[século XVII]], o que foi considerado como a época dourada dos [[Países Baixos]]. Foi unha época na que se estableceron colonias e postos mercantís ao redor de todo o mundo. En [[1784]], [[Federico II de Prusia|Federico II]], rei de [[Prusia]], organizou unha Liga de príncipes alemáns para salvagardar o ''[[statu quo]]'' nas Provincias Unidas fronte ás ambicións de [[Baviera]].
 
=== Declive ===
Emprendeu unha confrontación contra Inglaterra pola supremacía naval e tras a agresión por parte de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], consumouse o declive do seu poder e en [[1795]], logo dunha invasión francesa, as Provincias Unidas foron substituídas pola [[República Bátava]].
 
== Véxase tamén ==
* [[Dezasete Provincias]]
* [[Guerra dos Oitenta Anos]]
 
[[Categoría:Historia dos Países Baixos]]
[[de:Republik der Sieben Vereinigten Provinzen]]
[[en:Dutch Republic]]
[[eo:Respubliko de la Sep Unuiĝintaj Provincoj]]
[[es:Provincias Unidas de los Países Bajos]]
[[et:Hollandi Vabariik]]
76.283

edicións