Contido eliminado Contido engadido
Marrovi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
|}
----
==Galiza/UPG==
Con respeito ás modificacións. É impropio dunha enciclopedia que a única descrición (breve) que esta faga da maneira de ser dun partido sexa a definición dun dos co-fundadores (termo axeitado fronte ao de fundador). Non sería exorbitante incluír a devandita definición, se a alusión enciclopédica ao partido fose moito máis estensa e incluíse opinións ou definicións (de facto diverxentes) doutros co-fundadores tamén vivos. Mais desde logo, o que non lle debería faltar é un elemento absolutamente obxectivo: a definición que de si mesmo fai o propio partido nos seus textos desde a súa fundación, aínda que como sería efectivamente lóxico, se explicite que esta é a definición que o partido fai de si mesmo, e así; xa que logo, eliminiariamos a posíbel descrición particularista ou subxectiva. Cómpre decatarse de que outorgarlle a autoridade dunha breve definición a unha persoa é totalmente subxectivo, caendo no erro de dárlle esa autoridade á unha persoa pola importancia política que tivese nese tempo nesa organización, pois estariamoslle dando igualdade á opinión que pode ter Méndez Ferrín (como co-fundador) coa que pode ter Pedro Luaces (ex-secretario xeral).
Por tanto vexo correcta, e máis axeitada, a miña modificación no caso de se incluir que esa e a auto-definición que fixo e fai ese partido.--[[Usuario:Miguel.baleato|Miguel.baleato]]
==Xavier Lama==
Teño falado co autor, amigo persoal, que lle vou facer unha biografía en condicións, tendo en conta os erros que contén esta. Elimino o dato que ti puideches comprobar porque está mal redactado o título do libro e porque remite a unha páxina web que entendo que ofrece unha versión absolutamente sesgada do que correu cun premio literario, atendendo á versión dunha das partes que se adiantou ó fallo do xurado por unha filtración. Isto témolo falado el e máis eu, e ademais ese poemario de Estévez no só estaba publicado nun blog creado ex-profeso para a elaboaración dos poemas, senón tamén na súa páxina web e eu mesma puiden comprobar que algúns dos poemas posteriores xa estaban publicados en libros colectivos e mesmo nunha antoloxía súa editada nunha popular colección que deu ó prelo o grupo Correo Galego. Iso é algo que o propio Xavier Lama tampouco ten especial interese en que se saque á luz, porque considera o tema asunto pasado. Pero se queres ter máis información pódote poñer en contacto co autor de referencia, Xavier Lama. Espero que non pretendas patrimonializar a súa biografía cando o biografiado non está de acordo co contido nin cos sesgos que lle imprimes. Moitas grazas. Se queres o meu correo electrónico, envíocho gostosa.--[[Usuario:Manuela|Manuela]] 23:02, 23 outubro 2009 (UTC)