Kim Ki-duk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ca:Kim Ki-duk
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12:
No 2000 rodou dúas películas: a moi experimental ''Siljae Sanghwang'' (실제상황), rodada en apenas 200 minutos e montada en tempo real, acerca dun artista da rúa, a súa ex-moza, e outros personaxes que atravesan a praza na que este ofrece as súas obras durante a hora longa que dura a película. Tamén rodou a obra que lle representaría o salto á fama crítica internacional: ''Seom'' (섬). Unha amorosa narración da relación entre un fuxitivo da lei e a propietaria dun centro de pesca, na que os inquilinos habitan tendas flotantes no lago. ''Seom'' fíxose notoria entre outras cousas pola crudeza dalgunhas escenas, que levaron ó desmaio dun crítico na súa ''premiere'' no [[Festival Internacional de Cine de Venecia]]. A presencia dunha prostituta, unha figura recorrente na filmografía de Kim, atraeu a ira do público coreano, e a violencia dalgunhas escenas provocou reaccións de desagrado, pero a obra estableceu firmemente ó seu autor como unha presenza significativa, proxectándose nunha ducia de festivais en todo o mundo. ''Suchwiin bulmyeong'' (수취인불명) abriu o festival de Venecia ó ano seguinte, e '' Nabbeun namja'' (나쁜 남자) —unha nova incursión no mundo da prostitución forzada e a violencia como vínculo amoroso— foi o seu primeiro éxito de billeteira, entre outras razóns mercede á presenza de [[Jo Jae-hyeon]] no papel principal.
 
A súa seguinte película, ''Haeanseon'' (해안선) contou coa presenza dunha estrela local, [[Jang Dong-kun]], pero resultou menos efectiva que as anteriores. No 2003 ''Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bom'' (봄여름가을겨울그리고봄) atraeu novamente a atención masiva, sobre todo pola maior accesibilidade dunha película desprovista por completo de violencia. Coa primeira presenza de Kim fronte ás cámaras no papel dun ancianoancián monxe budista, as súas obsesións coa violencia, a crueldade e a futilidade cíclica da vida, desplázanse agora ó comentario das diversas pasións que atravesan a vida dunha persoa. Foi tamén a primeira das súas películas en acadar distribución a gran escala fóra dos festivais, e fixou as bases para que as posteriores ''Samaria'' (사마리아, que obtivo o Oso de Prata ó mellor director en Berlín no 2004) e ''Bin-jip'' (빈집, gañadora do premio equivalente en Venecia) aparecesen no circuito comercial.
 
==Filmografía==