Parque Nacional Huascarán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fr:Parc national de Huascarán; cambios estética
Liña 12:
O '''Parque Nacional de Huascarán''' é un parque da Cordillera Blanca, nos Andes, na serra central do [[Perú]], no [[Callejón de Huaylas]], pertencente á [[rexión Ancash]]. O parque, que cobre unha área de 3400 km², foi fundado o [[1 de xullo]] de [[1975]].
 
== Historia ==
O parque foi declarado [[Patrimonio Mundial]] da [[Unesco]] en [[1985]], estando incluído antes como núcleo da Reserva da Biosfera da Humanidade en [[1977]]. A súa protección foi primeiramente arranxada polo goberno peruano, para salvagardar a flora e fauna, as formacións xeolóxicas, restos arqueolóxicos (incluíndo reliquias da [[cultura chavín]]), motivando a investigación científica dos recursos naturais e culturais.
O Parque Nacional de Huascarán é casa de montañas cuxa altura varía entre os 2000 e os 6000 metros. [[Huascarán]], a montaña que dá nome ao parque, é o pico mais alto de Perú, con 6768 metros. Nos 3400 km² do parque hai 663 glaciares, 296 lagoas (Llanganuco, Parón) e 41 afluentes de tres ríos importantes: o [[río Santa|Santa]], [[río Pativilca|Pativilca]] e [[Río Marañón|Marañón]].
Liña 21:
O [[Huascarán]], localizado na provincia de [[Yungay]] de 6.768 msnm, é a cima máis alta do [[Perú]], cuxo topónimo provén da lingua quechua que significa "Cadea de montañas". Dá o seu nome a este parque no que se erguen sobre os glaciares numerosos cumios, entre os que destacan os nevados de [[Alpamayo]], [[Chopicalqui]], [[Shapraraju]], [[Pishqo]], [[Huandoy]] e a [[Pirámide (montaña)|Pirámide]].
 
Este parque é o hábitat do ''Puya raimondii'', do [[puma]], do [[xaguar]], do [[lama]], do [[guanaco]], do [[cervo do pantanal]], do tapir brasileiro, do [[Phlogophilus harterti]], unha especie de [[colibrí]], e moitas especies de [[pato|patos]]s, incluíndo o ''Netta erythrophthalma''.
 
== Clima ==
O clima está marcado por dúas etapas durante o ano. Este depende de dous grandes factores: os ventos húmidos e temperados provenientes da ''conca amazónica'', que xeran abundantes chuvias durante os meses de decembro a marzo; e unha marcada estación seca, ''entre maio e outubro, con días soleados'' que alcanzan os 25° C e noites de intenso frío nas que son frecuentes as xeadas e temperaturas inferiores aos 0° C.
 
== Flora ==
Defínense sete áreas diferentes que conteñen unha gran variedade de microclimas. Iso configura unha gran diversidade de vexetación. Detectáronse 779 especies altoandinas, que abranguen 340 xéneros e 104 familias.
 
Nesta variedade vexetal a familia das bromeliáceas está representada pola ''[[Puya]]'' (''[[Puya raimondii]]''), unha especie que se caracteriza por ter a inflorescencia máis grande que se coñece en todo o planeta. Tamén hai bosques de queñual (''[[Polylepis]]'' spp.) e abundantes gramíneas [http://www.rumbosdelperu.com/parques_articulos1_huascaran.htm].
 
== Fauna ==
[[Ficheiro:Brillenbär.jpg|thumb|350px|Oso de anteollos.]]
Canda a esta variedade vexetal existen moitas especies de fauna aínda non inventariada nin suficientemente estudada. Algúns datos apuntan á existencia de ''112 especies de [[aves]] de 33 familias'', como por exemplo o [[cóndor|cóndor andino]] (''Vultur gryphus''), o pato dos torrentes (''Merganetta armata''), e a perdiz de puna (''Tinamotis pentlandii''), entre outras.
Liña 39:
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Patrimonio da Humanidade no Perú]]
 
[[Categoría:Parques nacionais do Perú|Huascarán]]
Liña 47:
[[en:Huascarán National Park]]
[[es:Parque Nacional Huascarán]]
[[fr:Parc national dude Huascarán]]
[[he:הפארק הלאומי וסקראן]]
[[it:Parco nazionale del Huascarán]]