Diferenzas entre revisións de «Morgado»

sen resumo de edición
Chámase '''morgado''' á práctica de repartir a [[herdanza]] de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito varón. O morgado instáurase na [[Galiza]] na [[Baixa Idade mediaMedia]] como parte do proceso da [[formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval]]. Estes bens tiñan carácter inalienábel e indivisíbel, debendo permanecer para sempre no seo da [[familia]].
 
Institucións similares existiron noutros países europeos, dando lugar á posición social da [[aristocracia]], de forma que o groso do patrimonio dunha familia non se diseminaba, senón que só podía aumentar. Estas institucións non eran exactamente o mesmo, asi o ''majorat'', instituído por Napoleón e regulado no estatuto do [[1 de marzo]] de [[1808]] como forma de transmisión dos títulos de nobreza e os seus bens asociados. Na comunidade polaco-lituana, o seu nome era ''ordynacja'' e foi introducido a finais do século XVI polo rei Stefan Batory.
107.241

edicións