Franz Kafka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pag:Franz Kafka
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Eliminado: pag:Franz Kafka; cambios estética
Liña 4:
Está considerado un dos maiores [[novela|novelistas]] en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do [[século XX]]. A maior parte dos seus traballos foron publicados postumamente. A súa forma de escribir segue sendo un desafío tanto para críticos coma para lectores, e os intentos de catalogar os seus traballos son xeralmente inadecuados.
 
== Vida ==
Kafka naceu en Praga ([[Bohemia]]) en [[1883]], cando era parte do [[Imperio Austrohúngaro]]. Formaba parte dunha familia de clase media, xermano-parlante e [[xudeu|xudía]] [[asquenací]]. O seu pai era un comerciante ó por menor, chamado Hermann Kafka ([[1852]]-[[1931]]), e a súa nai era Julie Kafka, nada co apelido Löwy (1856-1934). Aínda que a súa lingua nativa era o alemán, tamén aprendeu [[lingua checa|checo]] cando era neno, pois seu pai chegou a Praga procedente dunha comunidade xudía checo-falante da zona meridional de Bohemia, e quería que o seu fillo soubese falar fluidamente nas dúas linguas. Tamén tivo algúns coñecementos de cultura e [[lingua francesa]]; un dos seus autores favoritos foi [[Flaubert]], e tivo un afecto sentimental por [[Napoleón]]. Tivo dous irmáns, Georg e Heinrich, pero ningún deles chegou a vivir dous anos enteiros (morreron cando Kafka tiña seis), e tres irmás, Elli, Valli e Ottla. Entre [[1889]] e [[1893]] Kafka acudiu á escola elemental (''Deutsche Knabenschule'') no Masná St. (Fleischmarkt) en Praga, e despois á escola superior no Staroměstské náměstí (localizado no Palacio Kinsky), onde finalizou o seu exame [[Matura]] en [[1901]]. Comezou a estudiar leis na [[Universidade de Praga|Universidade Charles de Praga]], e obtivo o seu graduado en leis en [[1906]], traballando entón para unha axencia de seguros de accidentes laborais. Comezou a escribir de forma extraordinaria. En [[1917]] comezou a sufrir de [[tuberculose]], o que requiriu frecuentes convalecencias durante as cales foi mantido pola súa familia, especialmente pola súa irmá Ottla, coa que tiña moito en común.
 
Liña 19:
Kafka publicou só unhas poucas historias curtas durante a súa vida, unha pequena parte do seu traballo, e consecuentemente os seus escritos atraeron pouca atención ata despois da súa morte. Antes de morrer pedíulle ó seu amigo e testamentario literario [[Max Brod]] que destruíse todos os seus manuscritos. Dora Dymant, fielmente, destruíu os manuscritos que posuía ela, pero Brod non seguiu as instruccións de Kafka e supervisou a publicación de maior parte dos seus traballos, que pronto comezaron a atraer a atención e a mirada dos críticos. Todos os seus traballos publicados, agás varias cartas dirixidas a Milena Jesenská, foron escritas en alemán.
 
== Interpretación crítica ==
Moitos críticos intentaron razonar os traballos de Kafka interpretándoos a través de certas escolas de xuízo crítico, como a [[modernismo|modernista]] ou a [[realismo máxico|realista máxica]]. A aparente desesperación e o absurdo que parecen impregnar os seus traballos son considerados emblemáticos do [[existencialismo]]. Outros intentaron localizar influencias [[Marxismo|marxistas]] na súa satirización da burocracia en pezas como ''In the Penal Colony'', ''The Trial'', e ''The Castle'', onde outros apuntan ó [[anarquismo]] como a inspiración do individualismo anti-burocrático de Kafka. Mesmo outros interpretaron os seus traballos a través do xudaísmo (porque el era xudeu e tivo interese na cultura xudía, aínda que só a cultivou tarde na súa vida). [[Borges]] fixo algunhas observacións perceptivas ó respecto; tamén foi estudiado a través do [[Freud|freudismo]] (polos seus conflitos familiares), ou como alegoría da súa busca metafísica de [[Deus]] ([[Thomas Mann]] foi quen propuxo esta teoría). Temas de alienación e persecución son repetidos recalcadamente, e este énfasis, notablemente nos traballos de [[Marthe Robert]], parcialmente inspirou o contra-criticismo de [[Gilles Deleuze]] e [[Felix Guattari]], quenes argumentaron que existía moito máis de Kafka que o estereotipo dá figura solitaria escribindo das súas angustias, e que o seu traballo era máis deliberado, subversivo e con todo "alegre" do que parecía ser. Os biógrafos teñen dito que era común en Kafka ler capítulos dos libros nos que traballaba ós seus amigos próximos, e que esas lecturas xeralmente facíanos concentrar, no continuo, pero que moitas veces ignoraban o lado humorístico da súa prosa. [[Milan Kundera]] refírese ó humor esencialmente surrealista de Kafka como o principal predecesor de artistas posteriores como [[Federico Fellini]], [[Gabriel García Márquez]], [[Carlos Fuentes]] e [[Salman Rushdie]]. Márquez dixo que a lectura de ''[[A metamorfose]]'' de Kafka mostroulle "que era posible escribir dunha forma diferente".
 
== Edicións en galego ==
As primeiras obras en ser traducidas ó galego foron ''A metamorfose'' e ''O proceso''.
* (1991) ''A metamorfose'', seguido de ''A sentencia'', traducido por Xosé M. García Álvarez en edición de Sotelo Blanco (ISBN 84-7824-108-6)
Liña 29:
Ademais, as seguintes recompilacións de relatos están publicadas en Galaxia coa colaboración de Caixa Galicia (na súa loable colección de Clásicos Universais) e son narracións breves (algunhas de só uns parágrafos) en base á tradución do orixinal alemán outra vez por parte de Luís Fernández:
 
''Narracións Completas I: Un médico de aldea'' (ISBN 848288714984-8288-714-9)
* "O desexo de ser indio"
* "O rexeitamento"
* "As árbores"
* "Vestidos"
* "O comerciante"
* "Camiño de volta a casa"
* "Ollando distraidamente a rúa"
* "Os transeúntes"
* "O pasaxeiro"
* "Para a reflexión dos xinetes"
* "Infelicidade"
* "Excursión á montaña"
* "Nenos da estrada"
* "Desenmascaramento dun estafador"
* "A ventá sobre a rúa"
* "O mundo urbano"
* "O gran ruído"
* "A infelicidade do solteiro"
* "Paseo imprevisto"
* "Decisións"
* "A sentenza"
* "Ante a lei"
* "Na colonia penal". Alegato contra a pena de morte. *
* "O mestre de aldea"
* "Un ambicioso estudante novo" *
* "Blumfeld, un solteirón" *
* "Un soño"
* "Na galería"
* "Un médico de aldea"
* "Un fratricidio"
* "A ponte"
* "Textos para o tema do cazador Gracchus"
* "O xinete do cubo"
* "Chacais e árabes"
* "O novo avogado"
* "Onte veu onda min unha debilidade" *
* "Debería..." *
* "Sobre a construción da muralla chinesa"
* "Un vello manuscrito"
* "Era un caloroso día de verán" *
* "Once fillos"
* "O meu negocio" *
* "Un cruzamento"
* "Informe para unha Academia e outros textos sobre o tema de Pedro o Vermello"
* "Unha visita á mina"
* "A aldea máis próxima"
* "A preocupación do pai de familia"
 
''Narracións II: O artista da fame'' (ISBN 848288850184-8288-850-1)
* "K. era un gran prestidixitador" *
* "Lámpadas novas"
* "Unha confusión cotiá"
* "A verdade sobre Sancho Panza" *
* "O silencio das sereas" *
* "Unha sociedade de canallas" *
* "Hospedado na casa dos mortos" *
* "De noite" *
* "A nosa vila" *
* "Sobre a cuestión das leis"
* "O recrutamento das tropas" *
* "Poseidón" *
* "Un grupo" *
* "O escudo da cidade" *
* "O temoneiro" *
* "Consolidación"
* "A proba" *
* "O voitre" *
* "Unha pequena fábula" *
* "A buxaina" *
* "A partida" *
* "Primeira dor"
* "O avogado" *
* "Un artista da fame"
* "Na nosa sinagoga" *
* "Había unha vez un xogo de paciencia..." *
* "Investigacións dun can" *
* "O matrimonio"
* "Un comentario"
* "Das metáforas" *
* "Regreso ao fogar" *
* "O tobo" *
* "Unha mulleriña"
* "Xosefina a cantante, ou o pobo dos ratos"
 
(Os relatos cun asterisco toman o título das primeiras verbas da narración)
 
== Kafka no cine ==
* [[Orson Welles]] escribiu e dirixiu unha adaptación de ''[[O proceso]]'' en [[1962]] protagonizada por [[Anthony Perkins]]. Welles consirábaa a súa mellor película.
* En [[1991]] foi estreada unha película protagonizada por [[Jeremy Irons]] interpretando a Kafka. Dirixida por [[Steven Soderbergh]], mestura a súa vida e ficción, amosando unha presentación semi-biográfica da vida de Kafka e os seus traballos. A historia mostra a Kafka investigando a desaparición dun dos seus compañeiros de traballo. O argumento leva a Kafka a través de varias das suas propias obras, sendo as máis notables ''[[O castelo]]'' e ''[[O proceso]]''.
* ''Franz Kafka's 'It's a Wonderful Life' '' ([[1993]]) é unha curtometraxe escrita e dirixida por [[Peter Capaldi]] e protagonizado por [[Richard E. Grant]] no papel de Kafka. O film mestura ''[[A metamorfose]]'' con ''[[¡Que belo é vivir!]]'' de [[Frank Capra]], con resultados extremadamente amenos.
* Outra película de [[1993]] retratou ''[[O proceso]]'', protagonizada por [[Kyle MacLachlan]] nunha versión de J.K. como 'yuppie' obsesionado por si mesmo, con [[Anthony Hopkins]] nunha aparecendo nun cameo sobreanunciado.
** ''Metamorphosis'', (1987) http://imdb.com/title/tt0093530/
* ''Die Verwandlung'' (1975) http://imdb.com/title/tt0174019/
* ''Förvandlingen'' (1976/I) http://imdb.com/title/tt0074561/
* [http://www.youtube.com/watch?v=wOrhpRtEXH8 ''La Metamorfosis de Franz Kafka''] en Youtube, dirixida por [[Carlos Atanes]] ([[1993]])
* ''Prevrashcheniye'' (2002) http://imdb.com/title/tt0328279/
* ''Menschenkörper'' ([http://www.menschenkoerper.de páxina oficial]) (2004) http://imdb.com/title/tt0411641/
 
== Véxase tamén ==
* [[3412 Kafka]], un [[asteroide]] nomeado en honor ó autor.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.kafka.org/ The Kafka Project] Proxecto iniciado en 1998 có propósito de publicar en línea todos os textos de Kafka en alemán, na forma dos manuscritos
* [http://franz-kafka.redorb.co.uk/ Franz Kafka]
 
{{Link FA|nl}}
Liña 204:
[[oc:Franz Kafka]]
[[os:Кафка, Франц]]
[[pag:Franz Kafka]]
[[pl:Franz Kafka]]
[[pms:Franz Kafka]]