Kasimir Malevich: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Kasimir Malewitsj
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fy:Kazimir Malevitsj; cambios estética
Liña 16:
'''Kasimir Severinovich Malevich''' (Казимир Северинович Малевич en [[Lingua rusa|ruso]], Malevych en transcrición [[Lingua ucraína|ucraína]]) ([[23 de febreiro]] de [[1878]] - [[15 de maio]] de [[1935]]) foi un pintor e teórico da arte, pioneiro da [[arte abstracta]] e un dos pintores rusos de maior soa.
 
== Biografía ==
=== Nenez e xuventude ===
Kasimir Malevich naceu preto de [[Kiev]], [[Ucraína]]. O seu pai, Sewerin Antonowitsch Malewitsch (1845–1902) e maila súa nai, Ljudwiga Alexandrowna (1858–1942) eran [[asquenací|xudeus]] de orixe [[Polonia|polaca]]. Na súa familia, ademais do [[ruso]] e do [[ucraíno]] tamén falábase o [[polaco]]. O seu pai traballaba como encargado dunha fabrica da industria azucreira. Kazimir foi o primeiro de 14 fillos, aínda que só nove deles chegaron á idade adulta. A súa familia mudábase a míudo, polo que pasou a súa infancia en moitas vilas ucraínas rodeadas por plantacións de remolachas azucreiras, lonxe dos centros culturais do país. Ata os 12 anos non tivo ningún tipo de coñecemento sobre a arte, malia estar rodeado dela durante a súa nenez. Aos 13 anos de idade comezou a interesarse polo debuxo de temas vencellados coa [[natureza]].
 
=== Formación ===
[[Ficheiro:Spring - Garden in Blossom.jpg|thumb|left|''Primavera, xardín en flor'' 1912]]
Estudou debuxo en [[Kiev]] dende 1895 ata 1896. En 1896 a familia mudouse a [[Kursk]], onde o pai obtivera un cargo na xerencia dunha empresa [[ferrocarril|ferroviaria]], aceptando o seu fillo un emprego como técnico deliniante. A través de reproducións, Malevich coñece o traballo de [[Iván Shishkin]] e [[Ilya Repin]], dous pintores [[Naturalismo|naturalistas]] pertenecentes a un grupo coñecido como ''Os Itinerantes''.
Liña 26:
Comeza a pensar que a súa misión como artista é representar a natureza o máis obxectivamente posible. Entre os empregados do ferrocarril, coñece algúns afeccionados e amantes da arte cos que forma unha asociación e un obradoiro cooperativo. Alí oe falar das Escolas de [[San Petesburgo]] e Moscova. Sente a necesidad de formarse académicamente e marcha a [[Moscova]] en [[1904]]. O seu traballo, nesta época, faise cada vez máis [[Impresionismo|impresionista]]. Foi un período relativamente longo e estable, no que a súa atención céntrase nos estudos das paisaxes, con composiciones sólidas, malia a fragmentación.
 
En Moscova estuda na Escola de Pintura, Arquitetura e Escultura dende 1904 ata 1910. Durante ese tempo viviu no obradoiro de [[Fedor Rerberg]] en Moscova. No ano [[1911]] participou na segunda exposición do ''Soyus Molod'ozhi'' (Unión da xuventude) en [[San Petersburgo]], xunto con [[Vladimir Tatlin]]. En [[1912]], o grupo fixo a súa terceira exposición, incluindo traballos de [[Aleksandra Ekster]] e Tatlin entre outros. En [[1914]] Malevich exhibiu os seus traballos no ''[[Salon des Independants]]'' en [[París]] xunto con [[Alexander Archipenko]], [[Sonia Delaunay|Sonia Terk]], [[Aleksandra Ekster]] e [[Vadym Meller|Vadim Meller]], entre outros. Ao ano seguinte publicou o seu manifesto '''Dende o Cubismo ao Suprematismo'''. Entre 1916 e 1917 participou nas exposicións do grupo ''[[Jack dos Diamantes (artistas)|Jack dos Diamantes]]'' en Moscova xunto con [[Nathan Altman]], [[David Burliuk]] e A. Ekster, entre outros.
 
Despois dos seus experimentos con varios estilos [[modernismo|modernistas]] como o [[cubismo]] e o [[futurismo]] na ópera [[cubo-futurista]] ''[[A Vitoria do sol]]'', Malevich comezou a traballar co abstracto e os estampados non xeométricos, fundando un movemento que chamou [[suprematismo]]. Algúns exemplos do seu suprematismo son ''Cadrado Negro'' ([[1915]]) e ''Branco sobre Branco'' ([[1918]]).
Liña 38:
En 1927, viaxou dende [[Varsovia]] ata [[Alemaña]] facendo unha viaxe retrospetiva que lle deu soa mundial, e que fixo que cando volvera á [[Unión Soviética]] deixase grande parte das súas obras atrás. Cando o rexime [[Stalin|estalinista]] volveuse contra a arte [[Modernismo|modernista]] "burguesa", Malevich foi perseguido. Moitos dos seus traballos foron confiscados e esnaquizados, e el acabou morrendo na miseria e soidade no Leningrado da [[Unión Soviética]] (hoxe San Petersburgo).
 
== Véxase tamén ==
* [[Lyubov Popova]]
* [[Aleksandra Ekster]]
Liña 47:
* [[Verbovka]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.russianpaintings.net/doc.vphp?id=126 Kasimir Malevich. Black Square]
* [http://www.guggenheimcollection.org/site/artist_bio_94.html Guggenheim: Kazimir Malevich]
Liña 57:
* ''The Non-objective World'', Kasimir Malevich, trans. Howard Dearstyne, Paul Theobald, 1959
* ''Kazimir Malevich and Suprematism 1878-1935'', Gilles Néret, Taschen, 2003
* Dreikausen, Margret, [http://www.worldcatlibraries.org/wcpa/ow/d729543b2ed70922.html "Aerial Perception: The Earth as Seen from Aircraft and Spacecraft and Its Influence on Contemporary Art"] (Associated University Presses: [[Cranbury, NJ]]; [[London]], [[England]]; [[Mississauga, Ontario]]: [[1985]]) ISBN 08798204030-87982-040-3
{{DEFAULTSORT:Malevich,Kasimir}}
 
Liña 78:
[[fi:Kazimir Malevitš]]
[[fr:Kasimir Malevitch]]
[[fy:KasimirKazimir MalewitsjMalevitsj]]
[[he:קזימיר מלביץ']]
[[hr:Kazimir Maljevič]]