Diferenzas entre revisións de «Bufo pequeno»

m
bot Eliminado: sk:Myšiarka ušatá; cambios estética
m (bot Eliminado: sk:Myšiarka ušatá; cambios estética)
Forma parte da familia ''Strigidae'', que comprende os bufos máis coñecidos.
 
== Descrición ==
 
O corpo do bufo pequeno uns 36 cm. e a envergadura das súas alas é de 95 cm., o tamaño aproximado da [[avelaiona común]] (''Strix aluco''), aínda que é máis lixeiro, pesando de 220 a 280 gramos os machos e de 250 a 370 gramos as femias. Ten vistosas plumas na cabeza que recordan unhas orellas. O iris dos ollos do bufo pequeno é de cor amarela alaranxada brillante. A cara está dividida por unha liña de plumas elevadas. As alas son relativamente estreitas. A cor da plumaxe do bufo pequeno vai do castaño brillante á cor de terra amarelo ocre, con faixas e listas de cor castaño escuro. Os "antebrazos" son escuros e atravesados por bandas. En xeral nas femias predominan os tons escuros e os machos son algo máis claros. As cores e o debuxo xeral da ave son miméticos: un bufo pequeno e moi difícil de descubrir se está en pousado nunha pola.
 
== Distribución xeográfica ==
 
A área de distribución da especie estendese dende as [[illas británicas]] por [[Eurasia]], incluíndo [[China]] e [[Mongolia]] ata a illa de [[Sakhalín]] e o [[Xapón]]. a súa fronteira norte márcaa ó bosque caducifolio boreal. En [[África]] aparece nos bosques dos montes [[Atlas]] e nos bosques de montaña de [[Etiopía]]. Vive tamén nas [[Canarias]] e [[Azores]]. En América aparece o sur de [[Canadá]] e o norte e centro dos [[Estados Unidos]],
[[Ficheiro:Asio otus dis.png|thumb|300px|Área de distribución]]
 
== Subespecies ==
 
* ''Asio otus otus'' de [[Europa]] central.
* ''Asio otus abyssinicus'', de [[África]] do leste. Considerada por algúns científicos como especie aparte.
 
== Hábitat ==
 
O bufo pequeno precisa da presenza de campo aberto con plantas baixas. En [[Europa]] é unha ave de terras de cultivo, sobre todo de zonas verde, e zonas preto de pantanos. Ocasionalmente aparece en zonas alpinas, se a abundancia de presas o permite. Os bufos pequenos viven tamén en zonas de bosque só cando dispoñen de áreas despexadas para a caza. En cambio, sonlles moi axeitadas as beiras das zonas boscosas, que lles ofrecen abeiro de día e zonas de cría. Prefiren bosques de coníferas, nos que atopan niños vellos de corvo e pega que utilizan para criar. Se non dispoñen dese tipo de bosques poden utilizar soutos, pequenas agrupacións de árbores e mesmo sebes.Habita mesmo nos límites das cidades, sobre todo se dispón de superficies cultivadas próximas.
 
== Conduta territorial ==
 
O bufo pequeno e territorial só preto da zona de cría, que marca con chíos e con voos de demostración, durante os que fai bater as alas por debaixo do corpo. Se o alimento e suficiente as zonas de cría poden estar moi achegadas unhas ás outras. No inverno os bufos pequenos poden compartir ocasionalmente as zonas de repouso, chegando a xuntarse ata 200 exemplares que nese caso manteñen unha mínima distancia. Neses casos escollen árbores que serven de lugar para durmir durante varios anos. Nalgúns casos comprobouse que unha árbore foi utilizada durante máis de 100 anos como lugar para pasa-lo inverno, e poden chegar a compartilo con outras especies de rapaces nocturnas. De feito o bufo pequeno non adoita ser agresivo con outras especies de estrixiformes.
 
== Voz ==
 
Durante a época de cría os machos repiten separado por algúns segundos un berro apagado e monótono. A femia responde con outro berro monótono. O repertorio de sons conta tamén con asubíos e ruídos feitos co bico, que se usan principalmente para rexeitar ós intrusos. O repertorio de berros de alarma e moi variado.
 
 
== Técnicas de caza e presas ==
 
Cazan ó luscofusco e pola noite. En casos de moita escaseza de alimento poden cazar polo día. Antes de comeza-la caza limpan a plumaxe con moito coidado. O bufo pequeno caza durante períodos de dúas ou tres horas, fai unha pausa e continua a cazar con intensidade outras dúas ou tres horas ata a chegada do amencer.
 
 
== Reprodución ==
 
=== Cortexo ===
 
Ó cumpriren o seu primeiro ano de vida os bufos pequenos son xa fértiles. Establecen parellas estacionais. As parellas fanse durante o inverno, no tempo en que os bufos dormen xuntos. E típico, porén, que os machos intenten atraer ó seu territorio ás femias cos seus berros a primeiros da primavera. Durante o cortexo o macho fai voos de demostración, amosando a parte inferior branca das plumas e facendo, as veces, bater as alas por baixo do corpo. Ese batido das alas faino tamén a femia cando esta preto dunha área potencial de cría..A esta fase pertencen tamén berros de aproximación.
Coma noutras especies de bufos europeos o macho tenta atraer á femia con chamadas en voz baixa. O bufo pequeno diferenciase doutras especies polos movementos de alas, plumas e dos penachos da cabeza moi característicos cos que acompaña as chamadas.
 
=== Niño ===
 
Utilizan niños abandonados de aves rapaces e córvidos, en algunha rara ocasión, situados no chan. As femias comezan a incubar des. que poñen o primeiro ovo e pon, cunha separación duns dous días, de catro a seis ovos. En caso dunha grande abundancia de alimento poden chegar a poñer excepcionalmente ata oito. Durante a incubación e os primeiros días despois da eclosión a femia deixa o niño so por períodos curtos. Os polos saen do ovo os 27 ou 28 días, e son intensamente alimentados pola mai coas presas fornecidas polo macho. Macho e femia defenden a niñada. A femia non volve a cazar ata que os polos poden saír do niño e poden pousarse nas polas próximas.
 
=== Os polos ===
 
[[Ficheiro:Long_eared_owl_young_gfdl.jpeg|thumb|240px|Bufo pequeno dunhas catro semanas de idade]]
Os xoves bufos poden desprazarse centos de quilómetros procurando un territorio propio. Bufos centroeuropeos poden viaxar ata [[Portugal]] e a distancia máxima recorrida foi nun caso de 2.140 quilómetros. En xeral, porén, os movementos lévanos de 50 a 100 km do punto de partida.
 
== Migracións ==
 
O ''Asio otus'' é, en xeral, un emigrante parcial. Os que viven o nordeste de [[Europa]] viaxan cara o sudoeste en inverno. Durante á época fría achéganse ós arredores das grandes cidades e áreas habitadas, onde é máis doado atopar alimento. Os exemplares que viven en lugares máis quentes non migran.
 
== Inimigos ==
 
O bufo pequeno é unha das presas de outras aves de presa meirandes, entre elas especialmente o bufo. As vítimas máis habituais son femias que incuban. As martas adoitan capturar os polos que non poden aínda voar. O bufo pequeno tente evitar ós inimigos co seu mimetismo, e, no caso das femias que están criando, apertándose o máis posible contra o fondo do niño. A isto engaden unha serie de tácticas coma inchar as plumas finxindo ser de maior tamaño do real batendo co bico a un tempo. En caso de perigo inminente os polos agatuñan ás zonas máis altas das árbores e poden chegara saltar ó chan.
No caso de que persoas ou animais cazadores se acheguen ó niño poden utilizar técnicas de distracción, como finxirse feridos para atraer a atención do posible cazador e afastalo da área de cría.
 
== Esperanza de vida ==
 
Só a metade dos Bufos pequenos chegan a pasar do ano de idade. A idade máxima comprobada en condicións naturais son 28 anos.
 
== Situación das poboacións ==
 
As poboacións desta especie dependen das de ratos. Un descenso nas taxas de reprodución destes roedores produce un sensible descenso do número de bufos pequenos na área afectada. As poboacións en [[Europa]] calcúlanse nunhas 200.000 parellas reprodutoras. Coma no caso doutras rapaces nocturnas o factor máis importante de conservación e manter a presenza de paisaxes naturais. Algúns investigadores suxiren a posibilidade de que a competencia da [[avelaiona común]] pode facer retroceder ós bufos pequenos. Estudios feitos nos [[Países Baixos]] parecerían demostralo, aínda que outros factores accesorios poderían explicar o descenso de poboación.
 
== Ligazóns externas ==
 
{{Commons|Asio otus|Bufo pequeno}}
[[sah:Кулгаахтаах мэкчиргэ]]
[[se:Bealljeloađgu]]
[[sk:Myšiarka ušatá]]
[[sl:Mala uharica]]
[[sr:Мала ушара]]
76.010

edicións