Alianza Popular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: eo:Popola Alianco (Hispanio); cambios estética
Liña 1:
'''Alianza Popular''', coñecida tamén polas siglas '''AP''', foi unha federación de pequenos partidos [[Conservadorismo|conservadores]], liderados na sua maioría por ex ministros [[Franquismo|franquistas]].
 
== Formación ==
Alianza Popular saíu da unión de diversos partidos.
* [[Reforma Democrática]], de [[Manuel Fraga Iribarne]].
* [[Acción Regional]], de [[Laureano López Rodó]].
* [[Acción Democrática Española]] de [[Federico Silva Muñoz]].
* [[Democracia Social]], de [[Licinio de la Fuente y de la Fuente]].
* [[Unión de Pueblo Español]], de [[Cruz Martínez Esteruelas]].
* [[Unión Social Popular]], de [[Enrique Thomas de Carranza]].
* [[Unión Nacional Española]], de [[Gonzalo Fernández de la Mora]]
 
Amais destes partidos liderados por ministros do réxime franquista, tamén houbo algúns outros que se federaron.
 
== Traxectoria ==
O seu primeiro secretario xeral e logo presidente en [[1979]] foi [[Manuel Fraga]], ex ministro de Información e Turismo do goberno do ditador [[Francisco Franco]]. [[Jorge Verstrynge Rojas]] foi elixido secretario xeral en decembro, e foi cesado en 1986 en favor de [[Alberto Ruiz-Gallardón]], pasándose aquel ó [[PSOE]]. Durante as primeiras eleccións da [[Transición]] democrática AP representou o "franquismo sociolóxico", e obtivo moi discretos resultados electorais, tiña 25.000 militantes en 1977 <ref>Cambio 16 nº516 (1981)</ref>. En 1977 obtivo o 8,2% dos votos e 16 escanos, que se viron reducidos ó 6% e 10 deputados en 1979 ás que se presentou baixo o nome de [[Coalición Democrática]] (CD) xa sen os sectores máis abertamente franquistas.
 
Tralo afundimento da entón gobernante [[Unión de Centro Democrático]], Alianza Popular formou xunto con algúns dos seus restos ([[Partido Demócrata Popular]] e [[Partido Liberal (España 1977)|Partido Liberal]]) a [[Coalición Popular]], que se convertería en 1982 no primeiro partido da oposición, co 26% dos votos e 107 escanos.
 
=== Entrada na UDI ===
En 1983 ingresou na [[Unión Democrática Internacional]] formada por partidos de centro dereita. Similares resultados aos de 1982 repetiríanse nas eleccións de 1986, baixando a 105 deputados.
 
=== OTAN e dimisión de Fraga ===
No referéndo sobre a permanencia de [[España]] na [[OTAN]] celebrado en 1986 AP propugnou a abstención ou o voto en branco. En decembro de [[1986]], e tralo fracaso de Alianza Popular nas eleccións autonómicas do [[País Vasco]] celebradas en novembro de dito ano, Manuel Fraga Iribarne presentou a sua dimisión como presidente de Alianza Popular.
 
=== Moción de censura e refundación ===
Tras un congreso extraordinario, febreiro de 1987, a candidatura de [[Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón]] é rexeitada en favor da de [[Antonio Hernández Mancha]], quen tiña en contra o aparato central do partido, Mancha presentou unha moción de censura ao goberno de Felipe González e intentou unha unión co [[CDS]] mesmo a costa de cederlle o liderato a [[Adolfo Suárez]] que contou co rexeitamento de Fraga e que supuxo a destitución de Hernández Mancha. No ano [[1989]] nun proceso de refundación cambiou o seu nome ó de [[Partido Popular]]
[[Categoría:Alianza Popular]]
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 34:
[[ca:Alianza Popular]]
[[en:Popular Alliance (Spain)]]
[[eo:AlianzaPopola PopularAlianco (Hispanio)]]
[[es:Alianza Popular]]
[[eu:Alianza Popular]]