Caza (avión): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎A primeira Guerra Mundial: visualización de imaxe
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sv:Jaktflygplan; cambios estética
Liña 4:
Os avións de caza ó igual que os distintos [[armamento]]s dun [[exército]] moderno, evolucionaron moito dende o final da [[Segunda Guerra Mundial]]. Inda que durante a [[Guerra de Corea]] e outras menores foron empregados aparellos có mesmo concepto e parecido armamento que durante a II Guerra Mundial.
 
== Historia ==
 
=== A primeira Guerra Mundial ===
 
O primeiro derribo aéreo da historia aconteceu durante a [[Grande Guerra]], o [[5 de Outubro]] do [[1914]], cando os franceses Frantz e Quenaud, dende o seu avión de recoñecemento [[Voisin]], derribaron un avión alemán cun fusil metrallador de infantería.
 
Sen embargo, podemos considerar que a historia dos cazas comeza có desenvolvemento do monoplano [[Fokker EI]] por [[Alemaña]]. Este avión contaba cunha novidosa característica: na vez de precisar a un segundo tripulante que disparase a [[metralladora]], tíñaa fixa na parte posterior, estaba asistida polo piloto e estaba sincronizada coas hélices, de tal xeito que non as estragase ó disparar. Este modelo, e principalmente unha versión mellorada (o [[Fokker E III]]) déronlle ós alemáns unha rápida superioridade aérea ó comezo da guerra, apenas contestada polos [[Airco D.H.2]] [[Gran Bretaña| británicos]].
 
Sen embargo, pouco despois faría a súa aparición os sobresaíntes sesquiplanos [[Nieuport 11]] ''bébé'' [[Francia|franceses]], que coa súa grande maniobralidade, pronto contiveron aos [[Fokker E III | Fokker monopraza]] alemáns. Dende comezos do [[1916]] ata finais dese mesmo ano, a [[entente]] dominou os ceos do campo de batalla con avións tales como o manexábel [[Nieuport 17]] francés e o [[Spad S.VII]] británico, mentres novos desenvolvementos alemáns como o [[Albatros D II]] e o menos capaz (inda que netamente superior en trepada a tódolos anteriores) [[Halberstadt D II]] comezaron a contestar a dito poderío.
 
O avión que voltaría o control do ceo ás potencias centrais sería o [[Albatros D III]] que combinaría con grande éxito a robustez do [[Albatros D II]] coa célula sesquíplana dos Nieuport. Tivo uns formidábeis competidores nos británicos [[Sopwith Pup]] e [[Spad S.XIII]] que pouco a pouco voltarían á entente a súa superioridade.
Liña 18:
[[Ficheiro:Boeing P-26.jpg|thumb|250px|right|Un caza antigo: o [[Boeing]] P26 Peashooter, o voo inaugural realizouse no [[1932]]]].
 
Aparecerían por aquel entón os primeiros triplanos. O [[Sopwith Triplane]] voaría coa mariña británica a partir de Febreiro do [[1917]]. A pesar da súa curta vida operativa, o [[Sopwith Triplane | Triplane]] impactaría tanto aos xermanos que se apresuraron a desenvolver o seu propio triplano, o [[Fokker Dr I]], moi famoso por se-la montura favorita do As [[Manfred von Richthofen]] "O Barón Vermello". Estes aparatos comezaron a aparecer nos campos de batalla no Outubro do 1917.
 
Por aquel entón, o control aéreo xa era da entente. A comezos de [[1918]], os británicos [[Sopwith Camel]], [[R.A.F. S.E.5]] e posteriormente o [[Sopwith Snipe]], dominaban os ceos de Francia fronte a uns competentes, inda que numericamente inferiores [[Pfalz DXII]] e [[Albatros D.V]], e a pesar de enfrontarse ó mellor caza de toda a guerra, o [[Fokker D.VII]].
 
=== Período de Entreguerras (1919-1938) ===
 
Nos cazas desenrolados ó longo do período entra as dúas grandes guerras, o cambio máis significativo foi o troco dos materiais empregados como a [[madeira]], textís... por materiais moito máis resistentes como é o caso dos [[metais]]. Asemade houbo un paso de avión [[biplanos]] a [[monoplanos]]. Outra novidade sería a mellora das aerodinámicas e a introducción do líquido refrixerante nos motores dos aeroplanos.
Liña 28:
Podemos citar como aeronaves destacadas ó longo deste período as seguintes, dentro dos biplanos están o [[Avia B-534]], [[Bristol Bulldog]], [[Fiat CR.42]], [[Gloster Gladiator]], [[Hawker Fury]]. E dentro dos monoplanos atopamos o Boeing [[P-26 Peashooter]], F2A [[Brewster Buffalo]], [[Polikarpov I-16]] e o [[PZL P.11]].
 
=== A segunda guerra mundial ===
 
Ó comezar a invasión de [[Polonia]], a [[Luftwaffe]] alemá estaba perfectamente equipada cos seus novos aparellos.
Liña 36:
A guerra sorprendeu ás forzas aéreas británicas e francesas en pleno proceso de rearme. O principal caza británico do momento era o [[Gloster Gladiator]], un biplano. Os máis modernos [[Supermarine Spitfire]] e [[Hawker Hurricane]] apenas acababan de facer a súa aparición cando comezou a guerra.
 
=== Cazas a reacción ===
 
 
 
=== O presente e o futuro preto ===
 
[[Ficheiro:Cabinacaza.JPG|thumb|150px|right|Cabina dun caza moderno]]
Liña 46:
Inda que nalgún momento pensouse que os avións de caza deixarían de empregar o [[Canón (artillería)|canón]] e chegaronse a fabricar modelos de caza desprovistos de este arma, portando só [[mísil]]es, pero tiveron pouco éxito e inda que sexa de xeito testemuñal, a maior parte dos cazas actuais van provistos do mesmo.
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Category:Military planes|avións de combate}}
* [[Aviación militar]]
* [[Bombardeiro]]
* [[Cazabombardeiro]]
* [[Avión furtivo]]
 
[[Categoría:Armamento]]
Liña 95:
[[sl:Lovsko letalo]]
[[sr:Ловачки авион]]
[[sv:JaktplanJaktflygplan]]
[[th:เครื่องบินขับไล่]]
[[tr:Avcı uçağı]]