Mannheim: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Mannheim; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 42:
En [[1861]] a sé da [[Comisión Central para a Navegación do Rin]] trasládase a Mannheim e sete anos despois asínase a acta que leva o nome desta cidade e que contén os principios vixentes até hoxe. En [[1865]], fúndase en Mannheim a empresa "Badische Anilin und Soda Fabriken" máis coñecida coas súas iniciais "BASF" que se converteu até hoxe nunha das maiores empresas químicas do mundo En [[1878]] inaugúrase o antecesor do tranvía actual, o tranvía de cabalos (Pferdeeisenbahn).
[[Ficheiro:Karte Mannheim MKL1888.png|thumb|Mapa de Mannheim en 1888]]
En[[1886]], Carl Benz patenta o seu "Vehículo propulsado por motor de gas" e realiza a primeira proba o [[3 de xullo]]. O [[5 de agosto]] a súa muller BertaBertha Benz fai o primeiro percorrido interurbano en coche cara a PfortzheimPforzheim<ref>[http://www.bertha-benz.de ''Bertha Benz Memorial Route'']</ref>. En [[1895]], a cidade compra a "Friesenheimer Insel", unha illa fluvial para construír alí o seu porto industrial. A cidade excede o limiar dos 100.000 habitantes. En [[1900]], inaugúrase a primeira parte do tranvía electrificado.
 
En [[1918]], tras o final da [[Primeira Guerra Mundial]] e debido á ocupación francesa das zonas na beira esquerda do Rin, Mannheim convértese en cidade fronteiriza. Na cidade seguen a producirse importantes achados no sector do automobilismo e en [[1921]], a empresa "Heinrich Lanz AG." presenta o primeiro tractor con motor de petróleo. En [[1925]] o centro artístico organiza unha exposición "Neue Sachlichkeit" que dá nome a este estilo artístico dos anos 1920.