Asubiador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: da:Pibeand
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Eliminado: sk:Kačica hvízdavá; cambios estética
Liña 10:
O '''asubiador''' (''Anas penelope'') é unha [[ave]] da orde das anseriformes e da familia das anátidas.
 
== Descrición ==
Os asubiadores miden entre 41 e 51 cm, teñen unha envergadura de alas de 75 a 86 e pesan de 500 a 900 gramos. A plumaxe reprodutora dos machos é agrisada, coa área da barriga branca ou crema. As alas amosan unha banda branca. A cabeza é moi característica, marrón, cunha mancha branca na testa que lles chega ata á base do bico, que é gris coa punta negra. As femias teñen unha coloración discreta, de tons acastañados. A cor das patas en ambos sexos vai do castaño escuro ata tons case negros.
 
Están activos de día, no crepúsculo e pola noite. A estrutura dos seus ollos, cunha capa posterior que reflexa a luz, permítelles ver sorprendentemente ben pola noite. Son aves sociais, que se moven sempre en grupos grandes.
== Distribución ==
[[Ficheiro:Pfeifente_Anas_penelope.jpg|thumb|300px|Macho coa plumaxe reprodutora (''Anas penelope'')]]
Os asubiadores crían no norte de [[Europa]], norte de [[Asia]] e parcialmente no norte de [[Norteamérica]]. Viven en lagos e estanques con vexetación abundante e, ocasionalmente, vense tamén en ríos de curso lento. A comezos do inverno emigran cara ó sur, para pasa-lo inverno no centro e sur de Europa, onde se poden ver tamén en terras de cultivo, o que causa en ocasións problemas cos agricultores.
== Alimentación ==
Son aves vexetarianas estritas, que se alimentan tanto de plantas acuáticas como terrestres. Precisan comer entre 300 e 400 g de vexetais ó día, polo que dedican ata 15 horas diarias a buscar alimento.
== Reprodución ==
Os asubiadores maduran sexualmente cando teñen uns dous anos. As parellas fórmanse, en xeral, pouco despois de acaba-lo inverno. A reprodución ten lugar entre maio e xullo. Fan os niños no chan, agachados entre a vexetación da beira da auga. Cóbrenos cunha capa de penuxa. As femias poñen de 4 a 9 ovos, duns 50 mm de lonxitude, que precisan uns 24 días de incubación. Os polos son capaces de voaren cando teñen uns 45 días.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Anas penelope beijing.jpg|Abril de 2005
Liña 32:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Asubiador}}
{{Wikispecies|Anas penelope}}
=== Bibliografía ===
* Chuck Hagner: ''Guide to ducks and geese.'' Stackpole, Mechanicsburg 2006. <small>ISBN 0-8118117-733443344-0</small>
* P. W. Mayhew: ''The feeding ecology and behaviour of wigeon (Anas penelope).'' Glasgow 1985.
* Hendrik Brunckhorst: ''Ökologie und Energetik der Pfeifente (Anas penelope L. 1758) im schleswig-holsteinischen Wattenmeer.'' Kovac, Hamburg 1996. <small>ISBN 3-86086064-64454454-8</small>
 
=== Outros artigos ===
* [[Glosario de paxaros]]
* [[Galería de paxaros]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://ibc.hbw.com/ibc/phtml/especie.phtml?idEspecie=472 Videos Sobre o asubiador] na Internet Bird Collection
* [http://www.iucnredlist.org/search/details.php/47182/all O asubiador na "Lista vermella de especies ameazadas" da [[IUCN]]]
Liña 81:
[[sah:Тыйаах]]
[[se:Snárttal]]
[[sk:Kačica hvízdavá]]
[[sv:Bläsand]]
[[tr:Fiyu]]