Crise dos mísiles de Cuba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3:
A '''crise dos mísiles en cuba''' é como se denomina ao conflito entre a [[Unión Soviética]] e os [[Estados Unidos]] a finais de [[1962]], e é unha das maiores crises entre ambas as potencias durante a [[Guerra Fría]].
 
==Historia==
As orixes do conflito residen na decisión do [[Partido Comunista da Unión Soviética|Partido Comunista]] soviético de apoiar máis directamente ao goberno revolucionario de [[Cuba]] ao mando de [[Fidel Castro]], debido ao antecedente que se creou coa operación fracasada de [[Invasión de Baía de Cochinos|Baía de Cochinos]], que deu mostras inequívocas de que Estados Unidos non ían permitir un goberno prol-soviético a escasos quilómetros das súas costas.
 
A URSS viu en Cuba a base necesaria para o apoio a novas ondas revolucionarias prol-soviéticas en países americanos, así como pola súa proximidade a [[Florida]], unha base militar desde onde poder ameazar aos Estados Unidos sen que estes tivesen tempo de reacción, igualando así a ameaza que significaba para os soviéticos os mísiles estadounideses emprazados en [[Turquía]], estado fronteirizo coa URSS, e a [[República Federal Alemá]]. Por iso, o líder soviético [[Nikita Kruschev]] e o seu goberno decidiron asegurar a illa coa instalación de bases de mísiles, con capacidade para alcanzar Estados Unidos e dispostos para levar cabezas nucleares.
 
A instalación foi descuberta polas fotografías dun avión espía estadounidense, o [[U-2]]. Analistas da [[CIA]] sinalaron ao presidente [[John F. Kennedy]] que estruturas fotografadas en Cuba parecían corresponder a instalacións de mísiles, aínda non operacionales pero que o estarían en pouco tempo. Kennedy, dirixiuse á Nación cunha mensaxe televisada de 17 minutos, o [[22 de outubro]] de [[1962]]. Falou de establecer unha corentena e un cerco ao redor da illa, para cumprir esta medida despregáronse barcos e avións de guerra estadounidenses. Jrushchov dirixiu unha mensaxe a Kennedy o [[24 de outubro]]:

{{Cita|"''...a URSS ve o bloqueo como unha agresión e non instruirá aos barcos que se desvíen"''; pero}}

Pero nas primeiras horas da mañá, os buques soviéticos diminuíron a velocidade e regresaron ou alteraron as súas rutas.
 
O [[27 de outubro]] un avión espía U-2 foi derrubado por un proxectil [[SAM]], disparado polos soviéticos desde unha das súas bases, cando sobrevoaba a illa, aumentando aínda máis a tensión. Con todo, o mesmo día, Jrushchov propuxo a Kennedy o desmantelamento das bases soviéticas de mísiles nucleares en Cuba, a cambio da garantía de que Estados Unidos non realizaría nin apoiaría unha invasión a Cuba, ademais, tamén debería realizar o desmantelamento das bases de mísiles nucleares estadounideses en Turquía. Logo de continuas negociacións secretas, das que estivo excluído Castro, Kennedy aceptou. Este acordo coñeceuse máis tarde, xa que Kennedy asinouno coa condición de que nin a non invasión a Cuba nin o desmantelamento arriba mencionados, chegasen a ser de público coñecemento en polo menos 6 meses.