Diferenzas entre revisións de «Contaminación do medio hídrico»

m
bot Engadido: gu:પાણીનું પ્રદૂષણ; cambios estética
m (bot Engadido: gu:પાણીનું પ્રદૂષણ; cambios estética)
Os principais contaminantes das augas son:
 
* Compostos orgánicos [[biodegradable|biodegradables]]s
* Substancias perigosas
* [[Contaminación térmica]]
* Axentes [[tensioactivo|tensioactivos]]s
* Partículas sólidas
* Nutrientes en exceso: [[eutrofización]]
* Xermes patóxenos
* Substancias radioactivas
 
[[Ficheiro:Obvious water pollution.jpeg|thumb|right|200px|[[Refugallo]]s na [[auga]]]]
== Compostos orgánicos biodegradables ==
 
A súa orixe máis común dáse nos núcleos urbanos, industria agroalimentaria, industria química, etc. se se verte a un río.
Dispoñemos de varios parámetros de control da materia orgánica como son a DQO, DBO<sub>5</sub> e COT.
 
== Xermes patóxenos: enfermidades transmitidas pola auga ==
 
As enfermidades transmitidas pola auga son producidas pola auga contaminada con refugallos humanos, animais ou químicos. Entre elas están o cólera, a febre tifoidea, a disentería, a poliomielite, a meninxite e as hepatite A e B. Os lugares que carecen de instalacións de saneamento apropiadas favorecen a rápida propagación destas enfermidades debido a que as feces expostas a ceo aberto conteñen organismos infecciosos que contaminan a auga e os alimentos.
 
=== Transmisión de bacterias patóxenas ===
[[Ficheiro:E coli at 10000x.jpg|thumb|left|243px|[[Escherichia coli]]]]
As bacterias patóxenas que contaminan a auga e causan enfermidades encóntranse nas excrecións dos seres humanos e dos animais de sangue quente (mascotas, ganado e animais silvestres). Poden transmitirse a través doa auga, dos alimentos, de persoa a persoa e de animais a seres humanos. As bacterias que máis afectan á saúde pública son [[Vibrio cholerae]], causante do [[cólera]]; [[Escherichia coli]], [[Campylobacter jejuni]] e [[Yersinia enterocolitica]], causantes de [[gastroenterite]] agudas e diarreicas; [[Salmonella typhi]], que produce [[febre tifoidea|febres tifoideas]] e paratifoideas; e [[Shigella]], causante de [[disentería]]. As persoas enfermas de [[diarrea]] e con afeccións gastrointestinais eliminan un alto número de bacterias nas súas feces: ata 100 millóns de bacterias de Escherichia coli, 10 millóns de bacterias de Campylobacter, un millón de bacterias de Salmonella e un millón de bacterias de Vibrio cholerae. Estas bacterias chegan ós cursos de auga a través das descargas de augas residuais sen tratar ou con tratamento deficiente, da drenaxe de chuvias, das descargas provenientes de plantas de procesamento de carne de gando e aves, e de escorrentías que pasan polos currais de gando. Nas zonas rurais, a práctica da defecación a campo aberto tamén constitúe unha fonte de contaminación das augas superficiais. As bacterias patóxenas representan un serio risco para a saúde pública e é prioritario eliminalas da auga de consumo humano, debido a que a súa inxesta podería ocasionar un [[andazo]] con graves consecuencias para a saúde da poboación.
 
=== Enfermidades por vectores relacionados ca auga ===
[[Ficheiro:Aedes_albopictus_on_human_skin.jpg|thumb|right|[[Aedes Aegypty]], vector da [[febre amarela]]]]
Existen enfermidades cuxos [[vector]]es se relacionan ca auga. Os vectores son os [[insecto]]s ([[mosquito]]s, [[mosca]]s) e outros animais que poden transmitir infeccións e que crían ou viven cerca de augas contaminadas ou limpas. Entre ditas enfermidades encóntrase o [[paludismo]], a [[febre amarela]], o [[dengue]], a [[enfermidade do sono]] e a [[filariase]]. Para previr estes males, é preciso eliminar os insectos que os orixinan, pero hai que ter coidado co tipo de [[insecticida|praguicida]] que se empregue, porque se poden contaminar as fontes de auga e producir riscos á vida humana. É importante empregar métodos biolóxicos de control como depredadores naturais, evitar a presenza de charcos e durmir baixo mosquiteiros.
A incidencia de enfermidades transmitidas por vectores parece estar aumentando debido á resistencia dos mosquitos ó DDT, o insecticida de maior uso, e ós cambios ambientais, que crean novos lugares de cría. Ó parecer, a migración, o [[cambio climático]] e a creación de novos hábitats provocan que menos xente desenvolva inmunidade natural a estas enfermidades.
 
=== Enfermidades parasitarias e a auga ===
[[Ficheiro:Tenia solium scolex.jpg|thumb|right|Tenia solium scolex]]
Son enfermidades causadas por organismos acuáticos que pasan unha parte do seu ciclo vital na auga e outra parte como parasitos de animais. Os causantes destes males son unha variedade de [[verme]]s, [[tenia]]s, [[miñoca intestinal|miñocas intestinais]] e [[nematodo]]s do tecido, denominados colectivamente [[helminto]]s, que infectan ó home. Algunhas destas enfermidades son a [[esquistosomiase]] e a [[dracunculose]], que impiden ás persoas levar unha vida normal e diminúen a súa capacidade para traballar, inda que normalmente non son mortais. Para previr estes males, é necesario lavar ben as verduras con auga limpa, cociñar ben os alimentos e non ingresar a ríos ou lagoas infectados.
 
== Referencias ==
 
* [http://www.cdc.gov/spanish/auga-segura/default.htm Centros Para o Control e a Prevención de Enfermidades]: Centro Nacional de Saúde Ambiental de Estados Unidos, material publicado baixo dominio público.
{{Commons|Category:Water pollution}}
[[Categoría:Contaminación]]
[[fi:Vesien saastuminen]]
[[fr:Pollution de l'eau]]
[[gu:પાણીનું પ્રદૂષણ]]
[[he:זיהום מים]]
[[hi:जल प्रदूषण]]
76.611

edicións