Ikurriña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Флаг Страны Басков; cambios estética
Liña 3:
A '''ikurriña''' (ou ''ikurrina'', que en [[éuscaro]], pronúnciase igual cá anterior) é unha bandeira creada en [[1894]] polos irmáns [[Luis Arana Goiri|Luis]] e [[Sabino Arana Goiri]] (o fundador do [[Partido Nacionalista Vasco]]), como símbolo de [[Euskadi]], que inicialmente identificaba só ó territorio de [[Biscaia]].
 
== Historia ==
 
Segundo explicaba Arana (por exemplo, en 1895, por boca dun personaxe ''bizkaitarra'' en ''[http://www.sabinetxea.org/libro/libro/11.html La bandera fenicia]''), o deseño da bandeira baseouse no do escudo de Biscaia:
Ten un fondo vermello, cor do señorío de Biscaia e, segundo Arana, cor do antigo fondo do escudo.
Sobre este fondo, superpónse unha aspa verde, símbolo do apóstolo [[Andrés o Apóstolo|Santo Andrés]], patrón de Biscaia, tomada das sete cruces da bordura do escudo. Simbolizaría a independencia biscaina por terse acadado o día de Santo Andrés a [[batalla de Arrigorriaga|vitoria de Arrigoriaga]] contra os españois.
Á cruz de Santo Andrés superponse unha cruz branca, símbolo da relixión católica, como a que aparece inserida no carballo do escudo. Esta orde na colocación das cruces significaba que a lexislación biscaína debía "''supeditarse en todo ás leis relixiosas e morais''".
 
A verba ''ikurriña'' é tamén creación de Arana, un neoloxismo procedente de ''ikur'' (''simbolo'' en éuscaro) que pretendía traducir ó [[éuscaro]] o vocábulo [[lingua castelá|castelán]] ''bandera'' (compárese coa voz catalana ''[[senyera]]''). Na práctica úsase só, tanto en castelán como en éuscaro, para referirse a esta enseña en concreto. Actualmente as grafías máis habituais son ''ikurriña'' en castelán e ''ikurrin(a)'' en vasco.
 
Arana deseñou bocetos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo do [[País Vasco]], arreconchegando símbolos máis antigos como o ''[[lauburu]]'' ou o ''[[arrano beltza]]'' (aguia negra) do [[Reino de Navarra]]. Adoptouse como enseña oficial do País Vasco en [[1934]], pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo anti-franquista. En parte por iso, foise popularizando no [[País Vasco francés]]. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre a Real Sociedad de San Sebastián e o Athletic Club de Bilbao, os capitáns de ambos equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto da Comunidade Autónoma Vasca recoñeceuna como a bandeira oficial.
Liña 18:
Utilízana tamén os nacionalistas vascos en [[Navarra]]. No [[País Vasco francés]], aínda que non é oficial, é un símbolo aceptado pola práctica totalidade dos habitantes como símbolo cultural.
 
Na Comunidade Foral Navarra, principalmente na zona vascófona, varios concellos exhibían a ikurriña nas súas fachadas: o de [[Leiza]], por exemplo, facíao desde a legalización da bandeira en 1977. Esta situación cambiou despois de que en 2003 o Parlamento Navarro aprobara a [http://www.cfnavarra.es/bon/034/03411002.htm Lei Foral de Símbolos de Navarra]. Esta lei obriga a tódalas entidades da Administración Local de Navarra a exhibir a [[bandeira de Navarra]] no exterior de tódalas súas sedes e edificios de servizos públicos, así como en despachos e salóns de plenos corporativos e prohibe que ondeen máis bandeiras que a oficial de cada entidade local, a bandeira oficial de Navarra, [[Bandeira de España|a de España]], e a [[Bandeira da Unión Europea| de Europa]], salvo por protocolo en actos de irmanamento ou en visitas oficiais de autoridades doutro país, comunidade autónoma ou entidade local. Baseándose nesta lei, as autoridades forais denunciaron e pediron a inhabilitación de alcaldes que permitían a colocación de ikurriñas nos edificios municipais.
 
Por isto algúns concellos navarros recorren a invitar a conselleiros da comunidade autónoma do País Vasco ás súas festas locais, podendo colgar así legalmente a ikurriña nas fachadas das casas consistoriais. Outros concellos navarros colocan a enseña nun lugar público destacado alleo ó consistorio, como se fai en varios municipios da comunidade autónoma vasca, onde si é legal que a ikurriña ondee na fachada, pero só cando se coloca a bandeira española en lugar preferente. Moitos outros concellos navarros limítanse a facer ondear as bandeiras oficiais.
Liña 53:
[[pl:Flaga Kraju Basków]]
[[pt:Bandeira do País Basco]]
[[ru:Флаг Страны Басков]]
[[ru:Икурринья]]
[[scn:Bannera basca]]
[[sv:Ikurriña]]