Soutelo, Goián, Tomiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{Atención}}{{FormatoWiki}}{{Ligazóns internas}}
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
Linda ó norte coa parroquia de [[Figueiró, Tomiño]], e o desaparecído barrio do Espiritusanto, ó sur con Tollo, e A Gándara, ó leste coa Centinela, Goián, (hai outro barrio na parroquia de Figueiró, chamado centinela), e ó oeste coa [[serra de Argallo]] e polo fío dela con Loureza, de [[Oia]].
 
Ó norte deste lugar está o citado barrio do Espiritusanto, onde se sitúa a anterga casa da familia Vaqueiro Pomares. A carón dela está a capela adicada ó Espíritu Santo, representado por unha pomba. Nela celébrase o primeiro domingo de maio unha romaría na que vai moita xente xantar de campo despois da misa.
 
Desa família era o médico Severiano Vaquero, con praza na parroquia de Forcadela, Tomiño, e inspector municipal de sanidade, e o seu irmán Carlos, enxeñeiro de camiños, nados antes de 1850. Este señor era coñecido polos alcumes do "Señorito" ou "Americano" cando no seculo XIX saiu a subasta polo estado o forte de San Lourenzo foille adxudicado por ser o mellor postor, e o enfermar renunciou a súa propiedade saíndo outra vez a subasta no ano seguinte, ó lado quedouse cunha propiedade chamada o "Americano" e no Miño o norte da atalaia existe unha illa chamada "Americana ou illa do Vaqueiro) tamen da súa propiedade, así coma outra a monte na parroquia de Figueiró coñecida pola tomada do "Señorito". Estes topónimos existen hoxe en día.
 
Posiblemente o nome deriva de "Souto pequeno", pero nalgúns documentos e mapas do lugar aparece co nome de Lordelo. En dito souto tivo o seu asentamento un castro do que aínda quedan restos, e ó seu redor formouse o barrio.
Liña 17 ⟶ 13:
Por estes dous barrios cruzaba o camiño real que de [[Vigo]] ía cára os fortes de Goián e [[A Guarda]]. Nun documento de aforo de [[1736]], Benito Pereira de Castro, coronel membro do Ábito(sic) de Cristo e gobernador de [[Valença do Minho]], dono da casa e vínculo de Lamamá en Estás, (Tomiño|, aforaba a un veciño do barrio a súa propiedade, chamada os Couchiños, tendo que ir pagar a renda antes do San Miguel á súa casa de Estás. Na descrición dos lindes di: ''polo vendaval con camiño real''.
 
De este barrio era Serafin Carrera Fernandez, contratista de obres e carpinteiro, un dos de mais sona do Baixo Miño nos anos anteriores a 1936, a maioría das casas chamadas de indianos foron construidos por el, e inda lle sobraba tempo para corresponsal do Heraldo Guardes.
 
Tamen do barrio era Manuel Rodríguez, casado con Ilandina Fernández
pioneiro da emigración a Francia nos anos 1929/30, o fillo mais vello chamabanlle o "Frances"
 
{{Lp Goián}}