Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ca:Miquel Psel·le el Jove
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 6:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Constantino Pselo <ref>Constantino era o seu nome propio; o de Miguel, co que o coñece a tradición posterior, era o seu nome monástico.</ref> naceu no seo dunha modesta familia residente en [[Constantinopla]]. O seu pai, orixinario de [[Nicomedia]] ([[Bitinia]]), tiña [[patricio]]s e [[cónsul romano|cónsules]] entre os seus antepasados máis próximos, pero nada lle restaba xa desas ilustres orixes e exercía como simple tendeiro nun barrio popular da capital imperial, onde casara cunha muller de familia humilde. Do matrimonio naceron dúas fillas antes do propio Pselo, que veu ao mundo a fins do ano [[1017]] ou principios do [[1018]], nos últimos anos do reinado de [[Basilio II]] ([[959]]-[[1025]]). O que talvez foi o mellor dos oradores bizantinos tivo un defecto físico (probabelmente era [[belfo]]) que lle valeu o sobrenome de ''Pselo'' (en grego: '''Ψελλός''', ''psellós''),este adxectivo aplícase aos que teñen unha traba ou un defecto na fala, seseo ou frenillofreo da lingua (pero non aos [[Tartamudez|tartamudos]] ou que balbuceanbalbucen ao se expresaren).
 
Cando Pselo concluíu a educación elemental aos oito anos de idade, a súa familia, reunida en consello, pensou en buscarlle un oficio, e só a insistencia da súa nai, convencida das extraordinarias calidades do seu fillo, puido persuadilos para que seguisen pagando a súa formación: lémbrao emocionado o propio escritor no discurso fúnebre que lle dedicou á súa morte anos despois. A decisión da nai viuse recompensadorecompensada e pronto Pselo, con apenas dez anos, sabía recitar de memoria a [[Ilíada]] e comentar as súas figuras e os seus [[tropo]]s <ref>Como conta el mesmo</ref> demostrando un talento excepcional, mesmo naquela idade que cultivaba a memoria ata extremos actualmente impensábeis. AMalia pesar dasas súas calidades, aos dezaseis anos a economía familiar non puido custear máis a súa formación e Pselo puxosepúxose a traballar como secretario dun xuíz provincial, probabelmente no distrito europeo de [[Tracia]] e [[Macedonia]]. Por entón morreu a súa irmá e os seus pais retiráronse a un mosteiro. Pselo regresou a [[Constantinopla]], onde iniciou estudos superiores de retórica e filosofía con [[Xoán Mauropus]], un dos intelectuais máis importantes do seu tempo.
 
Durante os anos seguintes Pselo vería promocionada a súa carreira administrativa como xuíz (gobernador provincial), probabelmente polo apoio do seu amigo [[Constantino Licudes]], que entrou no [[Senado]] e asumiu postos de poder durante os reinados de [[Miguel IV]] e [[Miguel V]]. Así, Pselo tivo o cargo de xuíz polo menos en tres ''[[thema]]s'' de [[Asia Menor]] (Tracesios, Bucelarios e Armeniacos), sen que se saiban exactamente as datas. É sorprendente que lle encomendasen postos de tan alta responsabilidade a un mozo duns vinte anos, algo para o que non se atopa paralelo algúnningún na historia administrativa do Imperio e que fala das súas excepcionais calidades. É probábel que a súa presenza en provincias non fose permanente durante eses anos e que a alternase con estancias en Constantinopla para continuar coa súa formación.
 
=== Na Corte Imperial ===
 
[[Ficheiro: Byzantinischer Mosaizist um 1020 001.jpg|thumb|right|350px|Mosaico de Constantino Monómaco e Zoe en [[Hagia Sophia]].]]
En [[1041]] entrou nona corte como secretario imperial (''hypogrammateús'') de Miguel V, e en torno a [[1042]], contraeu matrimonio cunha muller de boa familia, descendente dun valido do emperador [[León VI o Sabio|León VI]] ([[886]]-[[912]]). Do matrimonio naceu unha soa filla, Estiliana, á que Pselo colmou de atencións, e que morreu á temperá idade de nove anos, o que motivou o ingreso da súa muller nun mosteiro. Pselo quedouse unicamente cunha filla adoptiva, Eufemia, pero o compromiso da moza cun mozo de boa familia debeu romperse, o que provocou inclusomesmo un proceso legal contra o historiador.
 
Ao ascender ao trono imperial [[Constantino IX|Constantino IX Monómaco]] ([[1042]]-[[1055]]), Pselo converteuse en secretario de estado e gran chanceler. Tiña nese momento uns vinte e cinco anos, e ao mesmo tempo ensinaba [[retórica]] e [[filosofía]] na [[Academia de Constantinopla]], onde tivo entre outros discípulos a [[Xoán Ítalo]] e a [[Teofilacto]]; estaba considerado un gran helenista, constituíndose na columna vertebral do que na época dos [[Comneno]]s se denominou "Renacemento helénico".
 
Monómaco foi retirando aos poucos o seu favor aos eruditos do contorno de Pselo, que tiveron que tomar finalmente o hábito monástico para evitar seren perseguidos. O propio Pselo tonsurouse como monxe repentinamente a finais do ano 1054, adoptando o nome monástico de ''Miguel''. Isto é estraño, xa que o costume bizantino era escoller un nome que comezase coa mesma letra do nome bautismal. Na súa ''Cronografía'' sinala, sorprendentemente, que o fixo malia as protestas do propio Emperador, que non quería verse privado da súa compañía. Pselo é de feito deliberadamente ambiguo ao falar sobre os motivos que o impulsaron a este retiro, e que posibelmente non tivesen que ver co Emperador senón co seu contorno cortesán, algo que explicaría que xustamente á morte de Monómaco, en xaneiro de [[1055]], Pselo abandonase axiña Constantinopla e se refuxiase no mosteiro da Fermosa Fonte, no [[Uludağ|Olimpo bitinio]]. Por entón morreu a súa nai, co que Pselo quedou privado de familia.
 
=== Vida monástica ===
A experiencia do retiro monástico resultou moi decepcionante para Pselo, sobre todo pola ignorancia e inactividade dos seus compañeiros de hábito, aos que chamou despois ''«xentes groseiras e incultas, verdadeiros escitas»''. Gran admirador de [[Platón]] e, en especial, do [[neoplatonismo]], esforzouse por presentar esta corrente filosófica allea do [[paganismo]] como un esforzo imperfecto que acadou co [[Cristianismocristianismo]] a súa perfecta coroación. Por iso adoptou o [[Alegoría|alegorismo]] como o mellor método de [[exexeseesexese]] para estudar, analizar e comentar os clásicos gregos como antes se analizaran as [[Sagradas Escrituras]]. Desa forma chegou a ver nos autores gregos unha especie de profetas do Cristianismocristianismo e mesmo atopou en [[Homero]] nada menos que o misterio da [[Santísima Trindade]]. Acusado por iso de herexía, Pselo viuse de feito obrigado a acreditar a súa ortodoxia nun escrito.
 
Incapaz de se adaptar ao retiro monástico, e máis que probabelmente enemistadoincomodado cos demais monxes, Pselo regresou á capital ese mesmo ano de 1055, cando a emperatriz [[Teodora Porfiroxénita|Teodora]], última da [[dinastía macedonia]], o chamou ao seu lado como conselleiro. A pesar de que recuperou e mesmo incrementou a influencia perdida, fixoofíxoo xa desde a súa condición de monxe, e a súa autoridade xa non se baseou máis en títulos ou dignidades concretas.
 
=== Intrigas cortesás ===
 
Pouco antes da morte de Teodora en [[1056]], o consistorio de palacio obrigou a que esta designase un sucesor. O elixido, [[Miguel VI Estrabiótico|Miguel VI]] (1056-1057), foi coroado pouco despois. Pselo declarou na súa ''Cronografía'' ser testemuña dos conciliábulos para elixir o sucesor, pero sitúase á marxe dunha decisión que axiña se revelará efémera, pois apenas proclamado emperador Miguel, subleváronse contra el os xenerais de Asia Menor, membros de poderosas familias terratenentes descontentas co goberno de funcionarios da capital.
 
Liña 47 ⟶ 49:
Mentres tanto o sultán turco [[Alp Arslán]] liberara a Dióxenes, que non estaba disposto a ceder o seu poder ao seu fillastro. O conflito estaba servido. Pselo describe na súa ''Cronografía'' cal foi a súa reacción no medio desta confusión:
 
{{cita|''Eu encontreime tamén no medio daquel desconcerto xeral, cando todos me instaban a que dixese o que conviña facer. Tendo en conta que sobre todo o meu nobre e querido emperador me apremiabaapremaba e presionaba, eu declarei que non debía acoller xa máis a Romano no imperio, senón que había que desfacerse del e enviar a todas partes ordes excluíndoo do goberno.''}}
 
Efectivamente, tropas enviadas desde Constantinopla derrotaron a Romano Dióxenes e, a pesar das garantías de seguridade que lle deron cando acabou rendéndose, sacáronlle os ollos. Romano morreu pouco despois a resultas das feridas: un final tráxico para un nobre xeral e un dos capítulos máis infames da historia bizantina. Pselo foi aínda quen de lle dedicar un panexírico no que declara non saber se lamentar ou envidiarenvexar o destino de Romano. Aínda que resulta difícil crer que a compaixón de Pselo cara a Romano Dióxenes fóra sinceirasincera, sendo el mesmo responsábel do seu final, é posíbel que tivese remordementos e non pensase que o enfrontamento entre Dióxenes e Miguel Ducas desembocase nunha pequena guerra civil e moito menos que acabase con Romano cegado polos sicarios imperiais.
 
=== Morte ===