Diferenzas entre revisións de «Persoa física»

m
bot Engadido: hy:Ֆիզիկական անձ; cambios estética
(lig int)
m (bot Engadido: hy:Ֆիզիկական անձ; cambios estética)
O concepto xurídico de '''persoa física''' (ou '''persoa natural''') foi elaborado fundamentalmente xa polos [[xurista]]s [[Antiga Roma|romanoromanos]]s. Cada [[ordeamento xurídico]] ten a súa propia definición de persoa, aínda que en tódolos casos é moi similar. En termos xerais é todo membro da [[ser humano|especie humana]] susceptible de adquirir [[dereitos]] e contraer [[obrigación xurídica|obrigacións]]. Nalgúns casos pódese facer referencia a estas como persoas de existencia visible, de existencia real, física ou natural.
 
A súa orixe etimolóxica vén de ''persona-ae'', que era aquela máscara (''per sonare'', para facerse oír) que levaban os actores na antiguedade e que ocultaba o seu rostro ó tempo que facía soar a súa voz. Isto é, unha ficción que se sobrepón ó ser que a porta. Ademais, como no teatro clásico grego e romano un reducido número de actores representaban tódolos papeis, o cambio de careta indicaba ó público o personaxe dramático que estaba representado. Desta última función de individualización dos diferentes seres humanos provén o significado actual do termo ''persoa''.<br />Isto é así porque non tódolos seres humanos -especialmente noutros tempos- podían ser considerados persoas.
 
Na actualidade as persoas físicas teñen, polo simple feito de existir, [[Atributo da personalidade|atributos]] dados polo [[dereito]]. A [[personalidade xurídica|personalidade]] abre a porta da titularidade de dereitos, de modo que só sendo considerado tal se podía, por exemplo, contratar ou contraer [[matrimonio]].
 
== Antecedentes sobre o concepto de persoa física ==
Se ben é certo que actualmente se sobrentende que todo membro do xénero humano é persoa, no pasado non sempre foi así, xa que persoas pertencentes a diferentes grupos culturais, relixiosos e étnicos, non eran considerados como persoas e, por ende, privados de tódolos seus dereitos.
 
== Inicio e fin da existencia da persoa física ==
=== Inicio da existencia da persoa física ===
Segundo o sistema xurídico concreto, a personalidade pode ser determinada polo mero [[nacemento]] (''[[teoría da vitalidade]]''), ou ben o recén nacido debe cumprir unha serie de requisitos engadidos (''[[teoría da viabilidade]]'').
 
O [[Código Civil Francés]], no artigo 725, e o de [[Código Civil de Austria|Austria]], capítulo 3, parte 2, esixen que o nacido sexa viable, de vida, é dicir, que non traia algún vicio polo que a súa morte se poida asegurar, ou que nacese antes de tempo. O fundamento do Código francés e dos códigos que o seguen é o seguinte: o fillo que nace antes dos seis meses da concepción, aínda que naza vivo, é incapaz de prolongar a súa existencia. O mesmo di do que nace cun vicio orgánico, tan demostrado que poida asegurarse a súa pronta morte; desde entón a este ser non se lle pode atribuír dereito algún, porque a capacidade de dereito depende non só do nacemento, senón da capacidade da vida, da viabilidade.
 
En [[España]] as [[leis de Toro]] impuxeron un triple requisito para que un fillo se tivese por nacido: que nacese vivo todo, que vivise 24 horas despois de nacido e recibise bautismo. O artigo 60 da Lei do Matrimonio Civil de 1870 suprimiu o requisito do bautismo. O [[Código Civil de España|Código Civil]] establece no seu artigo 30 que "Para los efectos civiles, sólo se reputará nacido el feto que tuviere figura humana y viviere veinticuatro horas enteramente desprendido del seno materno". Da lectura deste artigo poderíase afirmar que o dereito español segue a teoría da viabilidade, pero o artigo 29 establece que "... el concebido se tiene por nacido a todos los efectos que le sean favorables, siempre que nazcan con las condiciones del artículo siguiente". A doutrina española maioritaria entende que da compresión conxunta de ambos artigos o sistema español é ecléctico, xa que mentras acolle a teoría da viabilidade para determinar o inicio da personalidade, o artigo 29 garante dereitos ó concebido pero non nacido.
 
Cómpre ter en conta que no dereito español os [[feto]]s no útero materno denomínanse ''nasciturus'', e teñen unha protección xurídica específica para o caso de que finalmente nazan e teñan personalidade xurídica plena. Deste xeito, un neno aínda non nacido pode chegar a herdar os bens do seu pai, se este morrese durante a súa xestación. A efectos [[constitución española de 1978|constitucionais]] sobre a protección do feto ante a posibilidade de prácticas [[aborto|abortivas]], existe unha sentencia do [[Tribunal Constitucional de España|Tribunal Constitucional]] (STC 53/85) que declara ó feto como ben xuridicamente protexido e esixe a súa protección, a tódolos efectos civiles (para a consideración como persoa remítese á [[derecho civil|lexislación civil]]).
 
=== Fin da existencia da persoa física ===
A existencia das persoas físicas termina coa [[morte]] (ou a súa presunción por ausencia ou accidente) das mesmas. Nas antigas [[lexislación|lexislacións]]s podían existir outras formas de finalización, como a [[escravitude]], a [[morte civil]] por [[condena perpetua]] ou profesión relixiosa.
 
== Diverxencia do concepto de Dereito Penal ==
A personalidade xurídica ten efectos dentro da esfera do [[Dereito privado]] da persoa xurídica, e por iso se regula normalmente no correspondente Código civil. Porén, o tratamento da persoa no [[Dereito penal]] é independente.
 
Polo tanto, pode haber casos nos que unha persoa humana é persoa desde o punto de vista penal pero non civil (nacido con só unhas poucas horas de vida). O seu homicidio ou [[asasinato]] daría lugar a consecuencias penais, pero non civiles (por exemplo, non habería [[herdanza]]).
 
== Relación entre o concepto de persoa física e os dereitos humanos ==
Os dereitos da personalidade pertencían inicialmente ó campo do [[dereito civil]]. Porén, o [[Código de Napoleón]] que serviu de modelo para outros moitos, non desarrollou esta categoría esencial de dereitos.
 
Os dereitos da persoa física alcanzaron o seu recoñecemento mercede a tratados internacionais, como a [[Declaración Universal dos Dereitos Humanos]] da [[ONU]] e posteriormente mediante a súa positivación como dereitos fundamentais nas diferentes constitucións, o que impulsou o seu respecto polos poderes públicos.
 
No caso do dereito español o máis amplo catálogo dos mesmos encóntrase no Título Primeiro da [[Constitución Española]] e, especialmente, no seu '''artigo 10''': "a dignidade da persoa, os dereitos individuais que lle son inherentes, o libre desarrollo da personalidade, o respecto á Lei e ós dereitos dos demais son o fundamento da orde política e da paz social".
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Persoa xurídica]]
 
[[Categoría:Dereito]]
[[fr:Personne physique]]
[[hr:Fizička osoba]]
[[hy:Ֆիզիկական անձ]]
[[it:Persona fisica]]
[[lt:Fizinis asmuo]]
34.576

edicións