Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 43:
As intrigas contra Pselo desatáronse abertamente cando, á morte de Constantino, a súa viúva Eudoxia (rexente do seu fillo menor de idade) seguiu confiando en Pselo para o goberno. Entón o eunuco Nicéforo acusouno de manter relacións adúlteras coa emperatriz. Non sabemos en que desembocaron estas acusacións, pero é evidente que o matrimonio de Eudoxia co xeneral [[Romano IV Dióxenes|Romano]] en [[1068]] non favoreceu os intereses de Miguel. Dióxenes, convertido en coemperador, desconfiaba do intrigante Pselo e temía deixalo na capital mentres el partía en campaña. O distanciamento entre ambos os dous fixose patente cando ordenou que o acompañase na súa campaña militar contra os turcos selxúcidas do [[1069]], unha campaña que Pselo lle desaconsellara por precipitada. Porén, o erudito conseguiu escabulirse da expedición ao chegar a [[Cesarea Mazaca]] e regresar a Constantinopla.
 
Cando en [[1071]] Romano Dióxenes foi capturado polos turcos na catastrófica [[batalla de Manzikert]], a súa muller Eudocia asumiu o poder no seu nome e no do seu fillo Miguel. Pselo estivo detrás desta decisión, pois foi o que instou ao César [[Xoán Ducas]], irmán do falecido Constantino X e cabeza visíbel dos Ducas, a dar este paso, tal como sinala na súa historia. A recuperación do poder efectivo por parte da familia Ducas beneficiaba a Pselo, que era íntima amigo do César (son<ref>Son moitas as cartas dirixidas a el que se conservan)</ref> e tiña unha gran influencia sobre [[Miguel VII Ducas|Miguel Ducas]], o seu pupilo imperial. O César foi sen embargo máis alá, e ordenou encerrar a Eudoxia, a fin de contas muller de Romano, nun mosteiro, de xeito que o poder quedou exclusivamente en mans do seu sobriño Miguel.
 
Mentres tanto o sultán turco [[Alp Arslán]] liberara a Dióxenes, que non estaba disposto a ceder o seu poder ao seu fillastro. O conflito estaba servido. Pselo describe na súa ''Cronografía'' cal foi a súa reacción no medio desta confusión: