Xosé Trapero Pardo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Xosé Trapero Pardo''', nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego. Curs..."
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Xosé Trapero Pardo''', nado en [[Castro de Rei]] o [[29 de setembro]] de [[1900]] e finado en [[Lugo]] o [[10 de outubro]] de [[1995]], foi un escritor e xornalista [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Cursou a carreira eclesiástica no Seminario de [[Mondoñedo]], pero non chegou a exercer. Como xornalista, dirixiu ou traballou nos semanarios ''[[Acción Social]], Justicia, Renovación, [[Vallibria]]'' (fundado por el en Mondoñedo), ''Lucus'' e ''[[Heraldo de Vivero]]''. Tamén dirixiu o boletín do [[Concello de Lugo]] e os xornais [[''[[La Voz de la Verdad'']]'' e ''[[El Progreso]]'' de Lugo, sendo este último onde se xubilou en 1972.
 
Foi cronista oficial de Lugo, director do Museo Provincial de Lugo, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e numerario da [[Real Academia Galega]], onde ingresou o 5 de xuño de 1971, apadriñado por [[Álvaro Cunqueiro]]. cun discurso dedicado ao seu finado amigo [[Antonio Noriega Varela]]. Como curiosidade, o [http://www.iesdaterracha.net/ instituto] da súa localidade natal, Castro de Ribeiras de Lea, leva o seu nome.
Liña 23 ⟶ 24:
 
== Pelúdez ==
 
A creación máis popular de Trapero Pardo é Pelúdez. Trátase dun personaxe, creado nas páxinas do xornal ''El Progreso'', que cada ano vén da aldea a Lugo para participar nas festas do patrón, San Froilán, que se celebran do 4 ao 12 de outubro. Durante eses días, reflexiona sobre o que ocorre nas festas e tamén sobre outros temas de actualidade. Baixo o pseudónimo [[Lista_de_pseudónimos_e_sobrenomes_galegos#século_XX|Trapacero]], Trapero Pardo ocupouse de recrear a Pelúdez dende 1939 ata despois da súa xubilación, dándolle unha retranca e un humor [[Terra Chá|chairego]] que o fixeron moi popular. Coa súa escrita, logrou que Pelúdez, nado nas páxinas dun xornal, se convertera en todo un símbolo popular das festas maiores de Lugo, que mesmo ten unha estatua a carón da muralla romana.
 
Liña 38:
*[http://www.galegos.info/es/jose-trapero-pardo Biografía en Galegos.info]
*[http://www.portalcomunicacion.com/dialeg/paper/pdf/122_rivas.pdf Artigo de Ana María Rodríguez Rivas sobre o papel de estereotipos como o de Pelúdez]
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]