Stendhal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Valorado pola súa aguda análise de caracteres e a concisión do seu estilo, é considerado un dos literatos máis importantes e máis temperáns do [[Realismo]].
 
É coñecido sobre todo polas súas novelas ''Le Rouge et le Noir'' (Vermello e negro), [[1830]]), e ''La Chartreuse de Parme'' (A cartuxa de Parma), [[1839]]).
 
Henri Beyle empregou diferentes pseudónimos para asinar os seus escritos, sendo ''Stendhal'' o máis coñecido deles. Existen dúas hipóteses plausibles sobre a orixe do [[pseudónimo]]:<ref>Michel Crouzet: ''Stendhal et l'italianité''. Editions José Corti, 1982.</ref><ref>Jefferson, Ann. ''Reading Realism in Stendhal'' (Cambridge Studies in French). Cambridge, UK: Cambridge University Press, 1988.</ref> a máis aceptada é que tomase o pseudónimo da cidade alemá de [[Stendal]], lugar de nacemento de [[Johann Joachim Winckelmann]], fundador da arqueoloxía moderna a quen admiraba. Unha segunda hipótese é que o pseudónimo sexa un [[anagrama]] de ''[[Shetland]]'', unhas illas que Stendhal coñeceu e que lle deixaron unha profunda impresión.