Música impresionista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Impresionismo musical
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Impressionismo na música; cambios estética
Liña 3:
O '''Impresionismo musical''' é un movemento musical xurdido a finais do [[século XIX]] e comezos do [[século XX|XX]] sobre todo na música [[Francia|francesa]], coa necesidade dos compositores de probar novas combinacións de instrumentos para conseguir unha maior riqueza tímbrica. No Impresionismo musical dáse moita importancia aos [[timbre]]s, cos que se conseguen diferentes efectos. Tamén se caracteriza porque os tempos non son liñais senón que se executan en sucesión de impresións. Relaciónase deste xeito co [[Impresionismo]] pictórico, que conseguía as imaxes mediante pequenas pinceladas de cor. Dous dos principais compositores deste movemento son [[Claude Debussy]] e [[Maurice Ravel]].
 
== Impresionismo musical en Francia ==
 
O impresionismo musical foi encabezado polo compositor francés Claude Debussy. O movemento, influído polos pintores impresionistas franceses e pola poesía de [[Paul Verlaine]], [[Charles Baudelaire]] e [[Stéphane Mallarmé]], acentúa a cor tímbrica e o humor no canto de estruturas formais como a [[sonata]] e a [[sinfonía]]. Debussy, que tamén era crítico musical, enfocou o impresionismo como reacción tanto ao interese formal do [[Música do clasicismo|clasicismo]] de compositores como [[Wolfgang Amadeus Mozart]] ou [[Ludwig van Beethoven]] e a vehemencia emocional do [[Música do Romanticismo|romanticismo]] en compositores como [[Robert Schumann]] e [[Franz Schubert]]. Para a consecución deste fin Debussy combinou elementos innovadores e tradicionais. Por unha banda, utilizou a [[escala musical|escala]] de tons enteiros e intervalos complexos que ata ese momento non se empregaran, dende a novena en diante. Tamén recorreu aos intervalos de cuartas e quinta paralelas propios da [[música medieval]]. Estes recursos técnicos aparecen no cedo [[poema sinfónico]] ''[[Claude Debussy#Preludio á sesta dun fauno|Preludio á sesta dun fauno]]'' (no orixinal: ''Prélude à l'après-midi d'un faune'') de [[1894]], baseado nun poema de Mallarmé. A extensa obra pianística de Debussy requeriu novas técnicas interpretativas, que incluían un xeneroso pero sensible uso dos pedais para crear un torrente indiferenciado de son.
Liña 11:
Ao comezo da [[I Guerra Mundial]] en [[1914]] o gran refinamiento, así como as limitacións técnicas do impresionismo musical, provocaron críticas adversas de compositores e críticos. Un novo grupo de compositores franceses antirrománticos, [[Les Six]] (''Os Seis''), influídos por [[Erik Satie]], satirizaron e rexeitaron o que consideraban excesos desta corrente. O impresionismo, concibido por Debussy, como tendencia contraria ao romanticismo, foi visto como a fase final da música romántica.
 
== Impresionismo musical en Europa ==
 
Influído pola personalidade de Debussy e íntimamente vencellado ao [[modernismo]], o impresionismo musical estendeuse por Europa cara á [[1920|Anos 1920|segunda década]] do [[século XX]]. Algúns compositores europeos víronse influenciados polo impresionismo, como [[Frederick Delius]] e [[Cyril Scott]] no [[Reino Unido]], [[Ottorino Respighi]] en [[Italia]] e [[Manuel de Falla]] (Falla viviu en [[París]] de 1909 a 1914) e [[Federico Mompou]] en [[España]], que seguiron certos trazos do estilo de Debussy.
 
== Principais obras impresionistas ==
[[Ficheiro:Claude Debussy ca 1908, foto av Félix Nadar.jpg|thumb|250 px|Claude Debussy, principal exponente do impresionismo musical]]
* '''[[Claude Debussy]]''' (1862-1918)
** ''[[Claude Debussy#Preludio á sesta dun fauno|Prélude à l'après-midi d'un faune]]'' (''Preludio á sesta dun fauno'') ([[1894]])
** ''[[Claude Debussy#Pélleas et Mélisande|Pelléas et Mélisande]]'' (''Pelexas e Melisandra'') ([[1903]])
** ''A Mer'' (''O mar'') ([[1905]])
* '''[[Manuel de Falla]]''' (1876-1946)
** ''Sete canciones populares españolas (Sete cancións populares españolas)'' ([[1914]])
** ''[[Noches en los jardines de España]] (Noites nos xardíns de España)'' ([[1909]]-[[1915]])
* '''[[Maurice Ravel]]''' (1875-1937)
** ''Jeux d'eau (Xogos de auga)'' ([[1901]])
** ''[[Daphnis et Chloé]] (Dafnis e Cloe)'' ([[1912]])
* '''[[Ottorino Respighi]]''' (1879-1936)
** ''I pini dei Roma (Os piñeiros de Roma)'' ([[1924]]), usada na banda sonora de ''[[Fantasía 2000]]''.
* '''[[Albert Roussel]]''' (1869-1937)
** ''Evocations'' (''Evocacións'') ([[1910]]-[[1911]])
** ''Le Festin de l'araignée'' (''O festín da araña'') ([[1912]])
** ''Bacchus et Ariane'' (''Baco e Ariadna'') ([[1930]])
* '''[[Paul Dukas]]''' (1865-1935)
** ''L'Apprenti sorcier'' (''O aprendiz de bruxo'') ([[1897]]), soado grazas á película animada ''[[Fantasía (película)|Fantasía]]''.
** ''Ariane et Barbe-Bleue'' (''Ariadna e Barbazul'') ([[1907]])
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.correodelmaestro.com/anteriores/2005/decembro/artistas115.htm Análise do impresionismo musical con discografía recomendada]
* [http://es.geocities.com/concontrolz2003/ Impresionismo musical: introdución e autores]
* [http://www.clavesmusicales.com/extra/debussy.htm O impresionismo musical de Claude Debussy]
 
[[Categoría:Impresionismo]]
Liña 58:
[[nl:Impressionisme (muziek)]]
[[pl:Impresjonizm (styl muzyczny)]]
[[pt:MúsicaImpressionismo impressionistana música]]
[[ru:Импрессионизм (музыка)]]
[[sl:Glasbeni impresionizem]]