Lucio Cornelio Sila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 10:
Sila iniciou a súa carreira (107 a.C) servindo como cuestor durante a guerra contra o rei de [[Numidia]], [[Iugurta]], baixo as ordes de [[Caio Mario]]. O rei númida levaba anos hostigando aos romanos con gran éxito, e a pesar do avance logrado por [[Mario]], o duro conflito prolongábase. Sila foi enviado en calidade de embaixador a parlamentar co sogro do esquivo monarca númida, o tamén rei [[Bocco]] de Mauritania, co cal trabou amizade e logrou convencer para que traizoase a [[Iugurta]], apresándoo para os romanos (105 a.C). O evento proporcionou a Sila un gran prestixio militar e unha considerable popularidade tanto co cónsul coma cos soldados, atribuíndoselle a fin da guerra. [[Plutarco]] afirma que esta circunstancia foi o comezo da frición ente [[Mario]] e Sila, posto que aquel se volveu envexoso do éxito do seu subordinado e este non facía senón botar leña ao lume cunha actitude fanfarrona que atopou eco entre algunhas persoas, inimigos políticos de [[Mario]].
 
[[Ficheiro:The defeat of the Cimbri.jpg|right|thumb|200px|A derrota dos cimbrios, por [[Alexandre-Gabriel Décamps]] ([[Museo deldo Louvre]]).]]
 
A situación de extremo perigo creada pola invasión de cimbrios e teutóns aprazou as posibles diferenzas entre xeneral e subordinado, e Sila permaneceu baixo as ordes de [[Mario]] nas sucesivas campañas dos anos 104 a.C e 103 a.C. Dirixiu con éxito unha expedición contra os [[tectosagos]], dando morte ao seu caudillo [[Cepilo]], e pouco despois, como tribuno militar, destacaría tamén ao negociar un tratado cos marsos e dirixir extraoficialmente o exército do cónsul [[Lutacio Catulo]], un dos protexidos de [[Mario]], contra os cimbrios que ameazaban o norte de [[Italia]]. Derrotounos en [[Vercellae]] no ano 101 a.C), dando mostras ao mesmo tempo da súa capacidade para o combate e a organización.