Dinastía de Avis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
É bo dar unha revisada
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de novembro de 2009 ás 16:01

A Dinastía de Avis, ou Dinastía Xoanina, foi a segunda dinastía a reinar en Portugal, entre 1385 e 1581-1582[1]. Tivo inicio a finais da crise de 1383-1385, cando o mestre da Orde de Avis, D. Xoán, fillo natural de el-rei D. Pedro I, foi aclamado rei nas Cortes de Coimbra.

Bandeira da Casa de Avis

Antes disto, e para permitir isto, derase a derrota do partido favorable á raíña destronada, D. Beatriz, muller de Xoán I de Castela, definitivamente vencida na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385.

A Casa de Avis, sucesora familiar da anterior dinastía Afonsina, reinante no continente portugués entre 1385 e 1581, cando D. Antonio é vencido no Continente portugués, na batalla de Alcántara, e destronado, sendo aclamado no seu lugar o estranxeiro Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, baixo a ameaza do seu exército que xa ocupara Lisboa. Pero reina aínda nos Azores ata 1582, coa caída de Angra do Heroísmo, cando a Illa Terceira e as restantes illas azorianas rendense á armada invasora do Marqués de Santa Cruz.

A Dinastía de Avis é substituída pola unión entre as coroas de Portugal e de todos os demais reinos de Felipe II, que deu comezo á dinastía dos Habsburgo, ou Dinastía Filipina, ou Dinastía de Austria.

Reis da Dinastía de Avis

Referencias

  1. SERRÃO, Joaquim Veríssimo, O Reinado de D. António Prior do Crato (1580-1582), Coimbra, 1956. Sendo a primeira data (1581) a aclamación de D. Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, e a segunda (1582), o abandono definitivo do territorio portugués polo rei derrotado, D. Antonio, quen se viu obrigado a pasar de Angra do Heroísmo a Francia a continuar o combate por outros medios.