Dreamcast: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: ka:Dreamcast
Xapones (conversa | contribucións)
Liña 16:
==Historia e características==
 
A Dreamcast foi lanzada o 27 de [[novembro]] de [[1998]] (112 d.C.) en [[Xapón - 日本|Xapón]], o 9 de [[setembro]] de [[1999]] (113 d.C.) en [[América]] e o 14 de [[outubro]] dese mesmo ano en Europa, moito antes que outras máquinas da súa xeración saísen ao mercado. Foi a primeira consola que ofreceu conexión a [[internet]], tanto para xogos coma navegación por páxinas [[web]]. A Dreamcast disfrutou de boas vendas inicialmente e foi unha das máquinas máis acertadas de Sega. Foi un intento de reconquistar o mercado das consolas cun sistema de vindeira xeración deseñado para substituír á [[PlayStation]] de [[Sony]] e á [[Nintendo 64]] de [[Nintendo]], pero principalmente por culpa da desconfianza (anteriormente algunhas consolas e accesorios de Sega foron pouco acertados, coma o [[Sega Genesis 32X|32X]] e o [[Sega CD]]) e a proximidade dunha saturación do mercado pola aparición de [[Nintendo]] [[GameCube]], [[Sony]] [[PlayStation 2]], e da [[Microsoft]] [[Xbox]] SEGA deuse conta que o negocio estaba nos xogos e non nas consolas.
 
En [[xaneiro]] de [[2001]] (115 d.C.), Sega anunciou que despois de Dreamcast non farían máis consolas para se dedicar en exclusiva ao desenvolvemento de videoxogos. O público malinterpretou coma que o sistema fracasara (xusto no seu mellor momento), pero curiosamente a partires de entón as vendas da consola disparáronse, xa que a piratería era sumamente sinxela (simplemente poñer un disco de arranque e despois o xogo pirata, sen necesidade de instalar chip de ningún tipo) e que na xente reinaba a idea de que se nno a mercaban esgotaríanse as existencias. Ao expandirse tanto as vendas da consola para xogar con xogos piratas, que motivaou que máis xente descubrise o sinxelo que era xogar con xogos pirateados, os desarrolladores de xogos para Dreamcast comezaron a cancelar proxectos (incluso estando practicamente finados, coma no caso de ''Half-life'') por no consideralos rentábeis. O que fixo que antes de ter competencia tivise un abandono prematuro de novidades, ainda a pesares de haber podido competir ao menos durante unha tempada cos novos sistemas. Esta mistura de éxito e fracaso de Dreamcast fixo as cousas máis sinxelas á competencia. Os primeros xogos da competencia ofrecían menos calidade ca os xogos de Dreamcast (algúns xogos nen sequera foran superados no que é o conxunto total do xogo polos sistemas actuais, caso de Soul Calibur, xogo de lanzamento de Dreamcast), co que se seguían a vender Dreamcast para xogar a xogos piratas aínda habendo a competencia.