Escurecemento global: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 2:
O '''escurecemento global''' (''global dimming'' en inglés) é un fenómeno consistente na redución gradual da cantidade de [[luz solar]] observada que acada a superficie terrestre desde a década de 1950. O efecto varía coa localización, pero globalmente é da orde dun 5% de redución en tres décadas (1960-1990); porén, a tendencia reverteuse durante a pasada década. O escurecemento global crea un efecto de arrefriamento que puido levar ós científicos a subestimar os efectos dos [[gas de efecto invernadoiro|gases de efecto invernadoiro]] no [[quentamento global]].
 
== Causa e efectos ==
{{AP|Contaminación atmosférica}}
{{AP|Balance radiativo terrestre}}
Liña 10:
As nubes interceptan tanto a calor do [[Sol]] como a que é radiada pola Terra. Os seus efectos son complexos e varían segundo o momento, a localización e a altitude. Habitualmente, durante o día predomina a intercepción da luz solar, producindo un efecto de arrefriamento, así a todo, pola noite a reemisión da calor radiada pola Terra ralentiza a perda de calor do planeta retendo unha boa parte desta na baixa [[troposfera]].
 
=== Traballos de investigación ===
O Escurecemento global foi dado a coñecer por [[Atsumu Ohmura]] en [[1989]]; e foi inequivocamente comunicado por Stanhill e Moreshet en [[1992]].
Investigacións independentes en [[Israel]] e [[Holanda]] a finais dos [[anos 1980|80]] puxeron de relevo unha aparente redución da cantidade de luz solar a pesar da amplamente estendida evidencia de que actualmente o [[clima]] global se estaba quentando (ver [[quentamento global]]). A taxa de escurecemento varía nos diferentes lugares do mundo pero de media é de en torno ó 2–32–3% por década, coa posibilidade de que a tendencia se invertise a principios da década dos [[anos 1990|90]]. É difícil efectuar unha medida exacta pola dificultade que entraña calibrar con exactitude os instrumentos e polo problema da cobertura espacial. Así a todo o efecto é real case con toda seguridade.
 
Véxase que o efecto (2-3%, coma antes) é debido a cambios dentro da [[atmosfera terrestre]]; o valor da radiación solar no límite superior da atmosfera non cambiou en máis ca unha fracción desta cantidade. O efecto en realidade é dun arrefriamento nas capas baixas e un quentamento nas altas. Algo lóxico se se ten en conta que se as nubes reflicten máis radiación esta será máis absorbida polas capas altas caldeándoas máis mentres que ó chan lle chegará menos radiación. O efecto invernadoiro, en cambio, actúa á inversa. Devolve a radiación térmica terrestre ó chan e impide que esta poida quentar as capas altas polo que estas se arrefrían mentres que a superficie se quenta. En calquera caso o balance total de radiación devolta polo planeta débese manter constante.
 
O efecto do escurecemento presenta grandes variacións ó longo do planeta, pero as estimacións do valor medio global son:
* 5.3% (9 W/m²) cara a 1958-85 (Stanhill e Moreshet, 1992)
* 2%/década entre 1964 e 1993 (Gilgen ''et ó'', 1998)
* 2.7%/década (total 20 W/m²) cara a 2000 (Stanhill e Cohen, 2001)
* 4% entre 1961 e 1990 (Liepert 2002)<ref>[http://www.realclimate.org/index.php?p=110 www.realcrime.org]</ref>
 
As maiores reducións danse nas [[latitude]]s medias do [[hemisferio norte]].
Liña 32:
Algúns climatólogos propuxeron tamén a teoría de que as [[estela]]s de condensación das aeronaves están implicadas no escurecemento global, pero o fluxo constante de tráfico aéreo impedía que se puidesen efectuar probas. A restrición practicamente total do tráfico aéreo civil durante os tres días que seguiron ós [[ataques do 11 de setembro de 2001]] proporcionaron unha extraordinaria oportunidade para observar o clima dos [[Estados Unidos]] sen a presenza do efecto das estelas de condensación. Durante este período observouse un incremento na oscilación térmica diaria de máis de 1̊C, é dicir, as estelas das aeronaves contribúen a diminuír as temperaturas diurnas e a elevar as nocturnas en moito máis do que previamente se cría. O efecto neto que ten isto sobre a temperatura na Terra está aínda en discusión e non resulta tan doado de calcular posto que só se dispón de tres días de datos nesas peculiares condicións.
 
=== Recente inversión do fenómeno ===
En [[2005]] Wild et al. e Pinker et al. acharon que a tendencia ó "escurecemento" revertera desde [[1990]] [http://www.realclimate.org/index.php?p=154]. É probable que polo menos parte deste cambio, particularmente sobre [[Europa]], sexa debido á adopción de medidas contra a polución tanto en automóbiles como en fábricas.
 
A Rede de Radiación Superficial de Referencia "Baseline Surface Radiation Network" (BSRN) estivo recollendo medidas superficiais. A BSRN non comezou a operar ata principios dos [[anos 1990]] e actualizaron os seus arquivos. As análises de datos actuais revelan que a superficie do planeta aumentou o seu brillo nun 4% a pasada década. A tendencia a aumentar o [[albedo]] foi corroborada por outros datos, incluídas análises por satélite.
 
=== Efectos ===
O escurecemento global pode ter causado cambios a gran escala nos patróns climáticos. Os [[modelo climático|modelos climáticoclimáticos]]s suxiren especulativamente que esta redución de luz solar na superficie pode conducir á falta de [[monzón]]s en [[África]] subsahariana durante os [[anos 1970]] e os [[anos 1980|80]], xunto coas crises por fame asociadas, causadas porque a contaminación do Hemisferio Norte arrefriaba o [[Atlántico]]. Esta idea non está universalmente aceptada e é difícil de probar.
 
=== Relación co quentamento global ===
Algúns científicos consideran agora que os efectos do escurecemento global enmascaran o efecto do [[quentamento global]], e que solucionar o escurecemento global podería polo mesmo ter un impacto significativo e imprevisible nas temperaturas a nivel do mar. Os traballos iniciais para incorporar os efectos do escurecemento global suxiren que as temperaturas mundiais poderían elevarse en 2̊C cara ó [[2030]] e tanto como 10 º&nbsp;°C cara ó [[2100]]; isto supón dobrar as cifras amplamente aceptadas de 5̊C de incremento na temperatura global para o presente século. Se isto fose así, semellantes incrementos provocarían a fusión do casquete de xeo de [[Grenlandia]], reducións serias da extensión [[pluvisilva]]s tropicais e elevacións significativas do nivel dos mares.
 
Unha hipótese adicional sería a de que un aumento da temperatura podería provocar un escape rápido e irreversible dos enormes depósitos de [[hidrato de metano|hidratos de metano]] que actualmente se encontran atrapados baixo o piso oceánico, liberando gas [[metano]], un dos máis poderosos [[gas de efecto invernadoiro|gases de efecto invernadoiro]]. Un mecanismo similar sería o proposto para unha das teorías que explicarían os sucesos que conduciron ás [[extincións do Pérmico-Triásico]] aproximadamente fai 252 millóns de anos e as extincións asociadas co [[Máximo Térmico do Paleoceno-Eoceno]] en torno ós 55 millóns de anos atrás. Estímase que ó planeta lle custaría tanto como 100.000 anos recuperar o "estado normal" tras un máximo térmico.
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Influencia antropoxénica sobre o clima]]
* [[Variación solar]]
 
=== Bibliografía ===
* Stanhill, G. & Cohen, S. 2001. "Global Dimming: a review of the evidence for a widespread and significant reduction in global radiation with discussion of its probable causes and possible agricultural consequences". ''Agricultural and Forest Meteorology'' 107, 255-278.
* Roderick, Michael L. and Graham D. Farquhar, 2002. "The cause of decreased pan evaporation over the past 50 years". ''Science'' Vol. 298, No 5597, pp. 1410-1411, November 15, 2002.
* BBC ''[[Horizon]]'' TV broadcast of January 13, [[2005]] [http://www.bbc.co.uk/sn/tvradio/programmes/horizon/dimming_prog_summary.shtml BBC Horizon]
* Charles N. Long, et al. "Changes in Earth's Reflectivity". ''Science'', núm. 5723 (2005)
* [http://www.pnl.gov/news/2005/05-33.htm Earth lightens up (2005)]
* Wild, M et al.; 2005, ''Science'' nº 308, do 6 de maio de 2005; p. 847-850
* Pinker, et al.; 2005, ''Science'' 308: p. 850-854
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.guardian.co.uk/life/feature/story/0,13026,1108853,00.html Artigo do ''Guardian'': "Goodbye sunshine"]
* [http://convention.allacademic.com/aag2003/view_paper_info.html?pub_id=1120 Abstract: "Variability in solar radiation over Germany and an assessment of the role of aerosols."]
* [http://www.ldeo.columbia.edu/~liepert/ Liepert], B. G., 2002: [http://www.ldeo.columbia.edu/~liepert/papers/liepert_GRL2002.pdf Observed Reductions in Surface Solar Radiation in the United States and Worldwide from 1961 to 1990. Geophy. Res. Lett. 29/12, 10.1029/2002GL014910]
* [http://www.bbc.co.uk/sn/tvradio/programmes/horizon/dimming_qa.shtml BBC Global Dimming Q&A]
* [http://news.bbc.co.uk/1/hi/sci/tech/4171591.stm Por que parece que o sol está 'escurecéndose'?]
* [http://www.climatechange.com.au/ Climate Change] As últimas noticias e a información sobre o cambio climático, enerxías alternativas, quentamento global e eficiencia enerxética que circulan por internet.
* RealClimate sobre este tema: [http://www.realclimate.org/index.php?p=105 part 1], [http://www.realclimate.org/index.php?p=110 part 2], [http://www.realclimate.org/index.php?p=154 Global Dimming may have a brighter future]
* Foro crítico co documental da BBC:[http://www.asociacionhubble.org/modules.php?name=Forums&file=viewtopic&t=850]
 
[[Categoría:Climatoloxía]]
Liña 94:
[[ro:Întunecarea globală]]
[[ru:Глобальное затемнение]]
[[sah:Аан Дойду үрдүнэн глобальнай хараҥарыы]]
[[sv:Global fördunkling]]
[[zh:全球黯化]]