Spirit (robot MER-A): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 80:
'''Spirit''' investigou outras rochas ata o chan no camiño de "Paso Carballos" achando a cantidade máis alta de [[sal]] que se atopou no planeta vermello. A terra tamén tiña unha cantidade alta de [[fósforo]] na súa composición, no entanto non tan alta como a pedra Wishstone analizada polo '''Spirit''' en abril de 2004. Squyres dixo que: "Estamos aínda intentando entender o que isto significa, pero claramente, con tanta sal ó redor, a auga tiña aquí un claro papel." Naquela ocasión acrarou: "existiu menos auga aquí que na zona marciana explorada polo '''[[Opportunity]]'''". Isto sucedeu un mes logo da declaración de marzo de 2004 que anunciaba que (trala análise do Opportunity) as rochas formáranse en presenza de auga, fai miles de millóns de anos. Agora atopouse outra zona con alta concentración en sal.
 
===Unha tormenta de po limpa os panelespaneis===
O [[9 de marzo]] de [[2005]] (probablemente durante a noite marciana), a eficacia do panel solar do robot variou de ó redor dun 60% que fora en principio ó 93%, e o [[10 de marzo]] sufriu unha [[tormenta de po]]. Os científicos da NASA especulan que unha tormenta de po debe de varrer os paneles solares limpándoos, e conseguindo que a duración da misión alargásese significativamente. É a primeira vez que as tormentas de po influíran nos robots. Previamente as tormentas de po forn fotografadas polo '''Pathfinder'''.