Atropates: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Atropat
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hr:Atropat; cambios estética
Liña 1:
'''Atropates''' (sobre [[-370]] - despois do [[-321]]), nobre [[Persia|persa]], [[sátrapa]] de [[Media]], que tivo un papel importante na restauración do [[zoroastrismo]] trala invasión e persecucións de [[Alexandre Magno]].
 
== Contexto histórico ==
 
Nada se coñece dos inicios de '''Atropates''' (''Âtarepâta'' en [[lingua persa|persa]]), pero é seguro que os seus pais eran zoroastrianos. Isto dedúcese polo seu nome, cuxo significado é “gardián do lume”, e é o mesmo nome dun dos fillos do lendario profeta [[Zoroastro|Zaratustra]]. A familia de Atropates debía ser rica e influente porque o seu fillo era sátrapa de Media.
Liña 9:
Durante ese inverno, Atropates ofreceu hospitalidade ao rei na capital da súa satrapía, [[Ecbatana]]. Darío tratou de recrutar un novo exército, pero este non estaba aínda listo cando Alexandre, que xa saqueara [[Persépolis]], se achegaba ao rei en xuño do [[-330]]. O rei fuxiu ao leste e posteriormente foi asasinado por [[Besos]].
 
== Home de confianza de Alexandre ==
 
Atropates rendeuse ao invasor e foi renomeado sátrapa. Alexandre quería gañarse á poboación nativa con este tipo de accións. Outros persas como [[Mazaeo]] e [[Artabazo II]] recibiron tamén cargos importantes no novo imperio.
Liña 19:
Medio ano despois, Alexandre falecía e os comandantes macedonios repartíanse as satrapías no convenio de [[Triparadiso]], no [[-321]]. Media foi dividida. A parte sur, que controlaba o camiño do oeste ao leste, foi dada a [[Peitón]], pero a parte norte, que estaba máis lonxe e carecía de importancia para os macedonios que loitaban pola herdanza de Alexandre, permaneceu como parte do reino independente de Atropates. Isto é o último que sabemos de Atropates de fontes [[Grecia|gregas]]. Está practicamente ausente por completo nas historias das guerras dos [[Diádocos]].
 
== O período post-Alexandre ==
 
Pero a tradición zoroastriana cóntanos a continuación da historia. Durante o reinado de Alexandre, os seguidores desta relixión foron perseguidos. Algúns deles eran persoas leais a Alexandre, como por exemplo o mesmo Atropates, pero outros ofreceron resistencia.
 
Segundo unha fonte zoroastriana do [[século III]] ou [[século IV ]] , Alexandre queimou moitos textos sagrados da [[Avesta]] e comentarios, asasinou a xuíces, sacerdotes, magos e xente sabia de Persia seguidores desta relixión. Non está totalmente claro que tipo de textos foron queimados porque hoxe sabemos que o Avesta foi composto máis tarde. Unha hipótese razoábel para todo isto é que os asasinatos resultaron nunha perda de moitas das tradicións orais zoroastrianas e duns poucos textos.
 
Despois de que o imperio fose dividido entre os líderes macedonios, Atropates quedou como un dos líderes nativos. Parece que ofreceu un refuxio seguro aos zoroastrianos. Segundo a mesma fonte comentada no parágrafo anterior, Atropates foi visto como unha especie de poderoso protector da súa xente, algo que tamén se suxire polo feito de que o seu nome se mantería vivo no nome da súa satrapía, a cal foi coñecida durante séculos como Media Atropatena. Mesmo hoxe en día, o seu nome perdura no nome ''Âzarbayjân'', dúas provincias ao norte da moderna [[Irán]], [[Acerbaixán Oriental]] e [[Acerbaixán Occidental]] (non confundir co país do mesmo nome [[Acerbaixán]]).
 
 
== Ligazóns externas ==
 
* [http://www.livius.org/as-at/atropates/atropates.htm Atropates] en [http://www.livius.org Livius.org] (en inglés).
 
[[Categoría:Zoroastrismo]]
Liña 42:
[[fa:آتروپات]]
[[fr:Atropatès]]
[[hr:Atropat]]
[[id:Atropates]]
[[ja:アトロパテス]]