Beltrán de la Cueva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons vía 'Images for biographies'
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Beltrán da Cueva''', nado en [[Úbeda]] ([[provincia de Xaén|Xaén]]) en [[1443]] e falecido en [[Cuéllar]] o [[1 de novembro]] de [[1492]], foi un nobre [[Castela|castelán]].
 
En [[1456]], o rei [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]] hospedouse na casa do seu pai, Diego Fernández da Cueva, que era rexidor e cabeza da súa linaxe en Úbeda. Como agradecemento ás atencións recibidas, o monarca ofreceu ao fillo maior de don Diego un posto na Corte, pero don Diego rogoulle que ocupase o seu lugar don Beltrán, por ter o outro que atender o maiorazgo[[morgado]] familiar, e así chegou como paxe don Beltrán da Cueva a córte castelá.
 
Unha vez no seu novo destino, Beltrán da Cueva ascendeu rapidamente grazas ás súas excelentes relacións co rei. En [[1458]] foi nomeado mordomo de palacio e señor de Xaén, e en [[1461]] entrou no Consello Real, desprazando a [[Juan Pacheco]], [[Marqués de Villena]], como home de confianza ([[valido]]) de Henrique IV. Paralelamente, o seu irmán Gutierre foi nomeado [[bispo]] de [[Palencia]]. En [[1462]] concedéronselle os cargos de Conde de Ledesma e Maestre da [[Orde de Santiago]]. Tamén posuía por entón a cidade de [[Huelma]], concedida en [[1460]] como dote pola súa voda con Mencia de Mendoza e Lúa, sobrina do poderoso cardeal [[andalucía|andaluz]] [[Pedro González de Mendoza]]. Don Diego Fernández da Cueva foi obsequiado co Vizcondado de Huelma, que, á morte deste, pasou a Beltrán da Cueva, sendo elevado o título a Condado, chamándose primeiro Conde de Huelma.