Illas Andaman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 44:
O arquipélago está composto por 204 illas. Están situadas a 950 km da desembocadura do [[río Hooghly]], a 193 km do [[Cabo Negrais]] en [[Birmania]], o punto máis próximo ao continente, e a 547 km do extremo norte de [[Sumatra]]. A lonxitude da cadea de illas é de 352 km e a súa maior anchura 51 km. A área total das illas é de 6408 km².
 
As cinco illas principais son coñécense en conxunto como [[Gran Andamán]]. Estas son de norte a sur, [[AndamánAndaman do Norte]], [[AndamánAndaman do Medio]], [[AndamánAndaman do Sur]], [[Baratang]] e [[Illa Rutland]].
 
Xunto coas illas principais, no extremo norte atópanse as [[Illas Landfall]], separadas polo [[Paso de Cleugh]], que é navegable; as [[Illas Interview]], separadas polo [[Paso Interview]]; as [[Illas Labirinto]] ao suroeste da costa de Andamán do Sur entre as que se atopa o [[Paso de Elphinstone]] tamén navegable; o [[Arquipélago de Ritchie]] ao leste das Illas de Andamán do Sur e Barang, separado polo [[Estreito de Diligent]] e intersectado polos [[Estreito de Kwangtung]] e [[Estreito de Tadma Juru]].