Diferenzas entre revisións de «El Masnou»

m
sen resumo de edición
(Tradución da wikipedia en castelán)
 
m
 
== Historia ==
 
O actual termo municipal do Masnou pertenceu, antigamente, a Sant Fèlix de [[Alella]] e a Sant Martí de [[Teià]], pobos lindeiros relativamente afastados do mar para protexerse dos ataques dos piratas. A súa poboación vivía da agricultura e a pesca e, na praia establecéronse as comunidades de pescadores. Contaba con estaleiros propios onde se construían grandes veleiros e embarcacións de pesca.
 
Co paso do tempo foron construíndose masías fortificadas próximas á praia e, a partir de [[1812]], coa proclamación da ''Constitución Liberal'', a vila puido escoller alcalde. No entanto, a segregación e independencia do Masnou respecto de Teià non se produciu ata [[1825]]. O novo municipio incorporou o barrio de [[Ocata]] e, posteriormente, en [[1846]] o barrio de [[Alella|Alella del Mar]], chamado tamén ''Cases del Mar''.
 
El Masnou conserva ata o día de hoxe os títulos de "Vila Benéfica" concedido en [[1902]] polo rei [[Afonso XIII]], con motivo da construción dun asilo benéfico (a Casa Benéfica) e o de "Ilustrísima Vila", concedido en [[1909]], tamén por Afonso XIII, pola construción, sen axuda algunhaningunha, da Escola Nacional (actual escola de Ocata).
 
El Masnou foi lugar de veraneo para a alta burguesía catalá que deixou o seu sinal nos diversos chalés e "torres" construídos durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]].
 
== Economía ==
 
Na actualidade, a agricultura desapareceu case por completo. Outrora estaba dedicada ao cultivo de froitas, hortalizas e verduras.
Actualmente, o seu principal e case único cultivo é o da flor, especialmente o [[Caravelcaravel]] que se exporta a case toda [[Europa]].
 
A industria é máis importante. Predomina o sector do téxtil (xéneros de punto), encabezadas pola compañía DOGI. Hai tamén industrias dedicadas á construción, aá cerámica, oao vidro (Ramón Clemente) e produtos farmacéuticos (Alcon-Cusí).
 
==Festividades==
*Sant Pere, o [[29 de xuño]].
*Ple de riure, en xullo.
 
== Edificios históricos e de interese ==
 
*Casa de la Vila, de estilo neoclásico do [[arquitecto]] [[Miquel Garriga i Roca]].
*Museu Cusí de Farmàcia.
*Casa Benèfica, de estilo modernista.
*Casa del Marquès de Masnou, de estilo neoclásico.
*Casino, edificio modernista con algunsalgúns elementos eclécticos.
*Casa de Cultura, tamén de estilo modernista.
*CEIP Ocata, interesante adaptación do estilo modernista a instalacións de uso público.
 
== Masnovins ilustres ==
* [[Lluis Millet]], músico fundador do Orfeo Català ([[1867]]-[[1941]]).
* [[Helena Miquel]] , cantante.
* [[Bruno Saltor]], futbolista (n. [[1980]]).
* [[Ricky Rubio]], baloncestistaxogador de baloncesto (n. [[1990]]).
 
== Ligazóns externas ==
*[http://www.elmasnou.net/ Páxina do concello (en catalán)]
*[http://www.poblesdecatalunya.cat/municipi.php?m=081189 Patrimonio histórico-artístico de El Masnou]
 
[[Categoría:Concellos de Barcelona|Masnou]]
 
[[ar:إل ماسنو، برشلونة]]
[[ca:El Masnou]]
4.682

edicións