Goto Muñiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Goto Muñiz''' ou '''Gotona Muñoz''', nada contra o ano [[900]], foi unha raíña consorte de [[reino de Galiza|Galicia]], filla de [[Munio Guterrez]], señor de [[Amaía]] e o monte Ilicino (actual [[Pico Sacro]]) e de [[Elvira Arias]], filla de Arias Pérez, conde de [[Coimbra]].
 
==Traxectoria==
Naceu arredor do ano [[900]] e antes do ano [[927]] xa casara con [[Sancho Ordóñez]], rei de toda [[reino de Galiza|Galicia]]. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co [[reino de Galicia]] trala morte de [[Froila II]]. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo no ano [[927]]. O irmán de Sancho Ordóñez, [[Afonso IV]], sería coroado en [[León, España|León]].
 
Liña 7 ⟶ 8:
Trala morte de Sancho Ordóñez, Goto retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de [[Castrelo de Miño]] e no de [[Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil|Santo Estevo de Ribas de Sil]].
 
Seguiu sendo considerada como raíña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei [[Ramiro II]] lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: ''Domine Gotho Regina''.
 
[[Categoría:Reis de Galicia]]