Edmund Husserl: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: substituír 'esto' por 'isto' |
m Bot: substituír 'a partires de' por 'a partir de' |
||
Liña 2:
'''Edmund Husserl''' foi un [[Historia da Filosofía|filósofo]] [[alemán]]. Nado en [[1859]] en Prossnitz, pertencente por aquel entón ó [[Imperio Austro-Húngaro]]. De orixe [[xudaísmo|xudía]]-[[asquenací]], converteuse ó cristianismo no ano [[1886]]. Estudou en [[Viena]], [[Leipzig]] e [[Berlín]]. A súa preparación abarcou o campo das matemáticas, psicoloxía e filosofía. Entre os seus mestres son de destacar W. Wundt, célebre psicólogo, e os filósofos Franz Brentano e Carl Stumpf.
Entre 1887 e 1901 exerceu como profesor na Universidade de Halle. Como resultado da súa actividade intelectual nesta época aparece en 1900-1 o libro ''[[Investigacións lóxicas]]''. A
Despois disto a actividade filosófica de Husserl non decae. Ademais de diversos seminario e conferencias por distintas cidades europeas, publica outras dúas obras de enorme importancia: ''[[Lóxica formal e transcendetal]]'' (1929) e ''[[Meditacións cartesianas]]'' (1931). Entre 1935 e 1937, ano da súa morte, Husserl asiste a un dos episodios máis tristes da súa vida intelectual, pois durante este período as autoridades nazis retíranlle a licenza para exercer calquera tipo de actividade na Universidade. Aínda así, en 1936 comezouse a publicar en Belgrado o libro ''[[A crise das ciencias europeas e a fenomenoloxía transcendental]]'', escrito de denuncia da decadencia moral e espiritual pola que atravesa Europa. Pero a obra escrita de Husserl non remata nas obras publicadas en vida, pois deixou numerosos escritos inéditos, conservados no Arquivo Husserl de [[Lovaina]] que, ademais de estar sendo estudiados na actualidade, todavía non foron publicados na súa totalidade.
|