Ishupitta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Ishupitta''' foi unha cidade [[hitita]] do nordeste do Imperio, na [[Terra Alta Hitita]], ocupada polos [[kaskas]] no [[século –XIV]]. Foi un dos teatros da última campaña do rei hitita [[Suppiluliumas I]] pouco tempo antes da súa morte sobre o [[-1325]]/[[-1320]].
 
Foi un dos teatros da última campaña do rei hitita [[Suppiluliumas I]] pouco tempo antes da súa morte sobre o [[-1325]]/[[-1320]].
 
==Historia==
[[Mursilis II]] na súa primeira campaña o segundo ano de reinado, cando volvía a [[Hattusa]] pasou preto de Ishupitta, onde os kaska da rexión negáronse a aportaren os continxentes aos que estaban obrigados polos acordos cos hititas (continxentes que eran utilizados para loitar contra outros kaskas non sometidos) e o rei atacou a cidade e obrigounos, queimando unha das súas cidades na zona; pero pouco despois de saír o rei da zona, Ishupitta volvía a se rebelar. No terceiro ano de reinado, na segunda campaña, volveu á zona e derrotou outra vez aos kaska, pero os
líderes da revolta, Pazzanna e Nunnuta, que ata había poucos anos foran vasalos dos hititas, puideron fuxir, e dirixíronse a [[Palhwisa]] (Palhwišša) onde serán derrotados.
Liña 9 ⟶ 8:
 
Baixo [[Muwatallis II]] a cidade foi dominada polos kaskas, os cales se apoderaron entón das terras de [[Landa]], [[Marista]] e algunhas cidades fortificadas dos hititas; os hititas non os puideron conter e os kaskas continuaron avanzando cara ao sur cruzando o río Marasanda ou Maraššanda e chegando ata a terra de Kanis ([[Kanesh]]). Pouco despois Ishupitta foi cedida por Muwatallis II ao seu irmán Hattusilis dentro do reino vasalo de [[Hakpis]].
 
 
[[Categoría:Cidades hititas]]