Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Portugal»

m
sen resumo de edición
m (Tal como está non podía permanecer, sen referencias válidas (historiadores por exemplo) non propagandistas.)
m
[[Ficheiro:34- Rei D. Carlos - O Diplomata.jpg|150px|thumb|Retrato de D. Carlos I de Portugal]]
'''Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança''', coñecido como '''Carlos I de Portugal''', alcumado ''o Martirizado'' ou ''o Mártir'', (nado en [[Lisboa]] o [[28 de setembro]] de [[1863]] e falecido o [[1 de febreiro]] de [[1908]]), foi o penúltimo [[rei de Portugal]]. O seu nome completo era ''Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança''.
 
==Traxectoria==
Era fillo do rei [[Luís I de Portugal|Luís Filipe]] e da princesa [[María Pía de Saboia]], filla de [[Víctor Manuel II]], rei de [[Italia]].
 
O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o [[río Texo]], e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Mentras cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Luís Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron mortos a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe [[Luís Filipe de Bragança|Luís Filipe]] morreu, e días máis tarde, [[Manuel II de Portugal|Manuel]] foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Bragança-Wettin.
 
==Descendencia==
Carlos casou coa princesa ''Amélie de Orléans'' en 1886. Ela era filla de Philippe, Conde de Paris e de Marie Isabelle d'Orléans. Os seus fillos foron:
 
*[[Luís Filipe de Bragança|Luís Filipe]], duque de Bragança ([[1887]] - [[1908]]).
*[[Manuel II de Portugal|Manuel II]], rei de Portugal entre 1908 e 1910 ([[1889]] - [[1932]]).
*María Anna de Bragança, princesa de Portugal ([[1887]] - [[1887]]).
 
 
{{sucesión | título = [[Lista de reis de Portugal|Rei de Portugal]] | período = 1889 - 1908 | predecesor = [[Luís I de Portugal|Luís I]] | sucesor = [[Manuel II de Portugal|Manuel II]] }}
44.410

edicións