Cultivar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Cultivar''' é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu um nome..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2009 ás 11:58

Cultivar é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu um nome único e debidamente rexistrado con base nas súas características produtivas, decorativas ou outras que o tornen interesante para o cultivo. O cultivar debe presentar durante o cultivo, e manter durante o proceso de propagación, un conxunto único de características que o distingan de maneira consistente de plantas semellantes da mesma especie. O termo foi cuñado polo especialista en horticultura Liberty Hyde Bailey, que o derivou das palabras inglesas "cultivated" e "variety" ("cultivado" e "variedade"), co que significaría estritamente "variedade cultivada" dunha especie vexetal. O termo non ten o mesmo significado ca a designación taxonómica ''variedade'' ou ca o termo legal variedade de planta utilizado no comercio de plantas e as súas sementes. O concepto foi oficialmente adoptado no XIII Congreso de Horticultura, realizado en Londres (1952), co obxectivo de distinguir as variedades cultivadas das de ocorrencia natural.