Goto Muñiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
elimino Goto Núñez -que puxera eu- se non se confirma que son a mesma persoa
outro nome
Liña 1:
{{fusióndesde|Goto}}
'''Goto Muñiz''' ou '''Gotona Muñoz''' foi unha raíña consorte de [[reino de Galiza|Galicia]], filla de [[Munio Guterrez]], señor de [[Amaía]] e o monte Ilicino (actual [[Pico Sacro]]) e de [[Elvira Arias]], filla de Arias Pérez, conde de [[Coimbra]].
 
Naceu arredor do ano [[900]] e antes do ano [[927]] xa se casara con [[Sancho Ordóñez]], rei de toda [[reino de Galiza|Galicia]]. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co [[reino de Galicia]] trala morte de [[Froila II]]. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo no ano [[927]]. O irmán de Sancho Ordóñez, [[Afonso IV]], sería coroado en [[León, España|León]].