Diferenzas entre revisións de «Calendario hebreo»

sen resumo de edición
{{Atención|revisar ligazóns externas e retirar algunhas}}
O '''calendario hebreo''' (''הלוח העברי'') ou '''calendario xudaico''' é o [[calendario]] anual usado no [[xudaísmo]]. Determina as datas das [[festas xudías]], os textos da [[Torá]] apropiados para a lectura pública, os ''[[Iahrdseit]]s'' (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os ''[[salmo]]s'' diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da [[Asedio de Xerusalén (70)|destruccióndestrución]] do [[segundo templo]] no ano [[70 d.C.]] e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describíudescribiu [[Maimónides]] no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
 
A forma "moderna" é o chamado [[calendario lunisolar]], semellante ao [[calendario chinés]], que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do [[calendario islámico]] puramente lunar e do [[calendario gregoriano]] case enteiramente solar. Pola diferencia de 11 días entre doce meses lunares e un [[ano solar]], o calendario repítese nun [[Ciclo metónico|ciclo de 19 anos de 235 meses lunares]], cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do [[Mar Mediterráneo]], as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do [[hemisferio norte]].
Os xudeus levan usando un calendario lunisolar dende tempos bíblicos. O primeiro mandamento do pobo xudeu como nación foi o de determinar a Nova Lúa. O principio do capítulo 12 do Éxodo di "Este mes (Nisán) é o primeiro dos meses.". É máis frecuente na Biblia que os nomes dos meses aparezan en número máis que en nome e só catro nomes de meses de antes do éxodo aparecen na [[Tanagh]] (a Biblia hebrea): ''Aviv'' (o primeiro; literalmente "primavera", pero orixinalmente puido significar a madurez da cebada), ''Dsiv'' (o segundo; literalmente "luz"), ''Etanim'' (o sétimo; literalmente "forte" en plural, quizais referido ás fortes choivas), e ''Bul'' (o oitavo), todos son nomes [[Canaán|cananeos]], polo menos dous son [[Fenicia|fenicios]] (Canaán do norte). É posible que nun principio todos fosen identificables por números xudaicos ou por nomes estranxeiros cananeos ou fenicios, pero non aparecen outros nomes na Biblia.
 
Máis aínda, debido a que os anos solares non poden ser divididos usando meses lunares, débese engadir un [[Intercalación|mes intercalado]] para previr que os ciclos se alonxenafasten da primavera, aínda que non hai mención directa na Biblia. Hai pistas que din que o primeiro mes (Nissan) comozoucomezou sempre coa madurez da cebada; segundo algunhas tradicións, en caso de que a cebada estivese verde aínda, un segundo último mes sería engadido. Soamente despois foi posible o establecemento dunha regra, o Adar I de hoxe.
 
===Exilio en Babilonia===
Usuario anónimo