O Ermo, Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ortografía
Liña 14:
 
== Xeografía ==
''O Ermo'' está situada na beira dereita do curso alto do río Mera , nas abas do pico de Taboada.. Linda polo nordeste coa parroquia de [[Devesos, Ortigueira|Devesos]] no regato do Chao do Carril até a súa unión co Gaiba, e coa parroquia de [[Senra, Ortigueira|Senra]] até a desembocadura destes dous regatos no río Maior .Polo norte limita coa parroquia de [[San Claudio, Ortigueira|San Claudio]] , separada polo mesmo río Maior e o rego de Cartelle até o alto de Casanova.. Polo noroeste limita coa parroquia de [[Mera de Arriba, Ortigueira|Mera de Arriba]] . Polo sudoeste o linde é coa parroquia de Casares no concello de [[Cerdido]] separada polo río Mera, e coa parroquia de [[Insua, Ortigueira|Insua]] ,separada polo Pulgueira, afluente do Mera. Finalmente polo leste, os regatos Pulgueira e o de Chao dos Carrís sepárana da parroquia de [[As Neves, Ortigueira|As Neves]] .
Esta parroquia está atravesada pola estrada que vai dende o lugar de Nogueirido en [[Senra, Ortigueira|Senra]] na [[AC-862]] até [[Insua, Ortigueira|Insua]] , cruza polos lugares de Carelle, Sanguiñedo, Mallo, Loureiros, Igrexa, Escalo e Aldar.