Diferenzas entre revisións de «Goto Muñiz»

algún pequeno arranxo, mais precisa revisión máis profunda
(os contidos xa están fusionados en "Goto Muñiz")
(algún pequeno arranxo, mais precisa revisión máis profunda)
'''Goto Núñez''' foi unha raíña de Galicia, casada co rei [[Sancho Ordóñez]].
 
Era filla de Munio Guterrez, señor da [[A Mahía|mahíaMahía]] e o monte Ilicino (actual [[Pico Sacro]]) e neta de Arias Pérez, conde de [[Coimbra]];. A raíña Goto propiciou os apoios ao seu home entre os magnates galegos para facerse co [[Reino de Galicia]] trala morte de [[Froila II]]. Estes apoios foron fundamentais para derrotar aosos fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo no ano [[927]]. O irmán de Sancho Ordóñez, [[Afonso IV]] sería coroado en [[León, España|León]].
 
Asinou varios documentos co seu home de doazóns e privilexios a prol da Igrexa de Iria Flavia-Santiago de Compostela e en beneficio da nobreza galega.
Trala morte de Sancho Ordóñez, retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de [[Castrelo de Miño]] e no de [[Santo Estevo de Ribas de Sil]].
 
Seguiu sendo considerada como raiña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei [[Ramiro II]] lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: ''Domine Gotho Regina''
 
[[Categoría:Reis de Galicia]]
13.785

edicións