Goto Muñiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
León -> León, España
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Goto Muñiz''' foi unha raíña consorte de Galicia. Filla do conde da Amaía e Picosacro, Munio Guterrez e da filla do [[condado de Coimbra|conde ..."
Liña 1:
'''Goto Muñiz''' foi unha raíña consorte de [[reino de Galiza|Galicia]]. Filla do conde da [[Amaía]] e [[Picosacro]], [[Munio Guterrez]] e da filla do [[condado de Coimbra|conde de Coimbra]] [[Elvira Arias]]. Naceu arredor do ano [[900]] e antes do ano [[927]] xa se casara con [[Sancho Ordóñez]], rei de toda [[reino de Galiza|Galicia]]. O seu matrimonio tivo pouca duración pois o rei morreu no ano [[929]]. Morreu sen descendencia coñecida no ano [[964]].
'''Goto Núñez''' foi unha raíña de Galicia, casada co rei [[Sancho Ordóñez]].
 
Era filla de Munio Guterrez, señor da [[A Mahía|mahía]] e o monte Ilicino (actual [[Pico Sacro]]) e neta de Arias Pérez, conde de [[Coimbra]]; propiciou os apoios ao seu home entre os magnates galegos para facerse co [[Reino de Galicia]] trala morte de [[Froila II]]. Estes apoios foron fundamentais para derrotar aos fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo no ano [[927]]. O irmán de Sancho Ordóñez, [[Afonso IV]] sería coroado en [[León, España|León]].
 
Asinou varios documentos co seu home de doazóns e privilexios a prol da Igrexa de Iria Flavia-Santiago de Compostela e en beneficio da nobreza galega.
 
Trala morte de Sancho Ordóñez, retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de [[Castrelo de Miño]] e no de [[Santo Estevo de Ribas de Sil]].
 
Seguiu sendo considerada como raiña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei [[Ramiro II]] lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: ''Domine Gotho Regina''
 
[[Categoría:Reis de Galicia]]